Kate Millett, nada en St. Paul (Minnesota) o 14 de setembro de 1934 e finada en París o 6 de setembro de 2017, foi unha figura sobranceira da segunda onda do feminismo.

Traxectoria Formou parte da Organización Nacional de Mulleres, NOW polas siglas en inglés, e contra finais de 1960 das Mulleres Radicais de Nova York.

En 1970 propuxo a palabra sisterhood traducida ao galego como sororidade.

Obra A súa obra máis importante é Sexual Politics.

Notas

Categoría:Feministas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados en Saint Paul, Minnesota‎ Categoría:Finados en 2017