miniatura|Kevin Feige, Robert Downey, Jr., Don Cheadle, Shane Black e Jon Favreau promocionando Iron Man 3 na Comic-Con de San Diego de 2012. Iron Man 3 é un filme estadounidense de 2013 do xénero de superheroes baseado na serie de banda deseñada Iron Man de Marvel, producida pola propia Marvel e distribuída por Walt Disney Studios Motion PicturesComo parte do acordo de transferencia dos dereitos de distribución de The Avengers e Iron Man 3 de Paramount Pictures a Walt Disney Studios("Why Par, not Disney, gets 'Avengers' credit, Variety", 11 de outubro de 2011), o logo de Paramount aparece ao comezo da película e nos materiais promocionais pero o distribuidor é Walt Disney Studios Motion Pictures tal como aparece ao final do filme.. É secuela de Iron Man (2008) e Iron Man 2, e a sétima película do Universo Marvel. Shane Black dirixiu e escribiu o guión con Drew Pearce, utilizando conceptos do arco de historia "Extremis" de Warren Ellis. Os principais actores foron Robert Downey Jr., Gwyneth Paltrow, Don Cheadle, Guy Pearce, Rebecca Hall, Stephanie Szostak, James Badge Dale, Jon Favreau e Ben Kingsley. En Iron Man 3, Tony Stark ten que facer fronte a un trastorno por estrés postraumático causado pola eventos de The Avengers, mentres investigaba a volta de Ten Rings, liderada polo misterioso Mandarín e entra en conflito cun vello inimigo: Aldrich Killian.
A súa estrea foi o 14 de abril de 2013 en París, converténdose nun éxito de crítica e público e recadando 1.200.000.000 de dólares en todo o mundo, o 16º filme en lograr máis de mil millóns de dólares e o 5º con maior recadación de todos os tempos.
Argumento Tony Stark lembra unha festa de noitevella de 1999, onde coñece a científica Maya Hansen, inventora de Extremis, un tratamento rexenerativo experimental que logra a recuperación de lesións incapacitantes. O científico discapacitado Aldrich Killian ofrécelles un posto na súa empresa Advanced Idea Mechanics, pero Stark rexeita a oferta, humillándoo.
Elenco miniatura|Gwyneth Paltrow durante a estrea do filme en París Robert Downey, Jr. como Tony Stark / Iron Man Gwyneth Paltrow como Virginia "Pepper" Potts Don Cheadle como coronel James "Rhodey" Rhodes / Iron Patriot Guy Pearce como Aldrich Killian Rebecca Hall como a doutora Maya Hansen Stephanie Szostak como Ellen Brandt James Badge Dale como Eric Savin Jon Favreau como Happy Hogan Ben Kingsley como The Mandarin / Trevor Cassidy Paul Bettany como JARVIS Ashley Hamilton como Jack Taggert / Firepower Wang Xueqi como o doutor Wu William Sadler como presidente Ellis Ty Simpkins como Harley
Produción
Desenvolvemento Despois do lanzamento de Iron Man 2 xurdiu un conflito entre Paramount Pictures, que tiña os dereitos de distribución dalgúns produtos de Marvel, e The Walt Disney Company, a nova distribuidora de Marvel Entertainment. O 18 de outubro de 2010, Walt Disney acordou pagar a Paramount cando menos 115.000.000 de dólares pola distribución mundial dos dereitos de Iron Man 3 "Disney to Distribute ‘Iron Man 3,’ ‘Avengers'; Sets Release Dates (Updated)" The Wrap, 3 de setembro de 2012., anunciando Disney, Marvel e Paramount o 3 de maio de 2013 a data de estrea da película"'Iron Man 3' to come to theaters in 2013". Entertainment Weekly, 3 de setembro de 2012.
O director das dúas entregas anteriores, Jon Favreau, afirmou en decembro de 2010 que non ía dirixir a nova, optando por dirixir Magic Kingdom, permaneceu así a todo como produtor executivo <ref>[http://www.thewrap.com/no-favreau-10-directors-who-could-take-over-iron-man-3-23244/ Sneider, Jeff. "No Favreau? 10 Directors Who Could Take Over 'Iron Man 3'". The Wrap', 14 de decembro de 2010.]</ref>. En febreiro de 2011 entrou no equipo Shane Black Finke, Nikki; Fleming, Mike "Shane Black To Direct Marvel's 'Iron Man 3'". Deadline.com, 17 de febreiro de 2011, que dirixira en 2005 Kiss Kiss Bang Bang, como director, e xa en marzo anunciouse que Drew Pearce ía escribir con Black o guión Fleming, Mike. "Marvel Taps Its 'Runaways' Scribe Drew Pearce To Write 'Iron Man 3' Script". Deadline.com., 31 de marzo de 2011.
Preprodución En setembro de 2011 Marvel Studios chegou a un acordo para filmar a película principalmente nos estudos EUE/Screen Gems de Wilmington en Carolina do Norte. En abril de 2012 Ben Kingsley entrou en negociacións para interpretar un vilán en Iron Man 3 Kit, Borys "Ben Kingsley in Talks to Join 'Iron Man 3'". The Hollywood Reporter, 9 de abril de 2012. Despois The Walt Disney Company na China, Marvel Studios e DMG Entertrainment anunciaron un acordo para coproducila na China. DMG en parte financiaría e produciría na China con Marvel. DMG tamén distribuiría o filme na China en cooperación con Disney Coonan, Clifford "'Iron Man 3' to be a Chinese co-production". Variety, 16 de abril de 2012.
Tamén en abril Guy Pearce rematou as negociacións para interpretar a Aldrich Killian, un personaxe que aparece a historia de arco "Extremis" "Guy Pearce Joining ‘Iron Man 3’ as ‘Extremis’ Geneticist", Screenrat , 20 de abril de 2012. A estrela chinesa Andy Lau houbo unirse á película, como un científico chinés e vello amigo de Stark que vén no seu auxilio, non obstante as negociacións fracasaron "Andy Lau Turns Down Iron Man 3" Cinemablend, 3 de setembro de 2012, e foi Wang Xueqi o elixido para o papel Shuai, Liu. "Wang Xueqi Confirmed for 'Iron Man 3'". Chinesefilms.cn , 3 de setembro de 2012. Jessica Chastain entrou en discusións para un papel na película, pero declinou por conflitos de axenda Kit, Borys. "Rebecca Hall in Talks to Join 'Iron Man 3'". The Hollywood Reporter, 8 de maio de 2012. No seu lugar anunciouse en maio que participaría Rebecca Hall describíndose o seu papel como "unha científica que xoga un papel fundamental na creación dunha nanotecnoloxía, coñecida como Extremis." Ao longo das semanas seguintes James Badge Dale uniouse ao elenco como Eric Savin, Ashley Hamilton como Firepower , e Favreau volveu repetir como Happy Hogan coma nos dous primeiros filmes. Stephanie Szostak e William Sadler tamén entraron na repartición da película, con Sadler como presidente dos Estados Unidos.
A rodaxe dereita|miniatura|No porto de Wilmington localizouse a batalla polo petroleiro. miniatura|A mansión de Aldrich Killian en Florida é en realidade Villa Vizcaya, edificio construído entre 1914 e 1916 en Coconut Grove (Miami) A rodaxe comezou en Wilmington (Carolina do Norte) o 23 de maio de 2012 nos estudios EUE/Screen Gems so o título de produción Caged Heat Foss, Cassie. "Casting calls set up for 'Caged Heat' film". Star-News, 12 de abril de 2012. O director de fotografía John Toll optou por primeira vez na súa carreira por traballar con cámaras dixitais, por convir mellor para os efectos visuais, empregando fundamentalmente unha cámara Arri Alexa "John Toll Chooses ARRI Alexa to Shoot Iron Man 3". Creative Planet, 14 de maio de 2013. Entre o 4 e o 6 de xuño de 2012 rodousen en Cary (Carolina do Norte) na sede de Epic Games e no SAS Institute, cunha grande árbore de Nadal colocada no xardín central "‘Iron Man 3’ set in Cary, N.C. includes a Christmas Tree". OLV , 5 de xuño de 2012. No aeroporto internacional de Wilmington tamén se rodou unha escena e o porto de Wilmington serviu como localización para a batalla culminante polo petroleiro, xunto coa recreación sonora do peirao. O derrubamento da casa gravouse nunha plataforma hidráulica giubo que se podía dobrar e dividir en dous anacos. Toda a metraxe interior realizouse sen imaxes xeradas por ordenador, que só se empregaron para engadir exteriores e para a armadura de Iron Man.
A partir do 19 de xullo e deica o 1 de agosto de 2012, a rodaxe realizouse en Oak Island, tamén en Carolina do Norte, filmando tomas aéreas sobre o Atlántico. A primeiros de agosto gravouse en Rose Hill (Carolina do Norte). O elenco e o equipo principiaron a chegar a Florida o 1 de outubro, para filmar escenas en Dania Beach e no sur do estado. A primeiros dese mes filmáronse escenas nunha réplica do restaurante de Malibú Neptune's Net, e a rodaxe tivo lugar en Villa Vizcaya. Durante o día filmáronse escenas en Miami Beach o 10 e o 11. A produción volveu a Wilmington a mediados de mes para rodaxe adicional. O 1 de novembro, filmáronse máis escenas en Vila Vizcaya. A rodaxe nos Estados Unidos rematou o 7 de novembro en Wilmington.
O 10 de decembro comezouse a filmar en Beijing, aínda que non cos intérpretes nin o equipo habitual. Tamén se gravou en Hyderabad e Bangalore entre o 20 e 24 de xaneiro. Na semana do 23 de xaneiro gravouse no TCL Chinese Theatre en Hollywood.
Posprodución Chris Townsend serviu como supervisor de efectos visuais para a película, que contou con máis de 2.000 secuencias de efectos visuais e nos que traballaron 17 estudios, entre eles Weta Digital, Digital Domain, Scanline VFX, Trixter, Framestore, Luma Pictures, Fuel VFX, Cantina Creative, Cinesite, The Embassy Visual Effects, Lola, Capital T, Prologue e Rise FX.
Filmáronse un total de tres horas e 15 minutos antes da edición, recortándose ata chegar os 130 minutos (119 sen os créditos), a película de maior duración da serie.Na posprodución tamén se realizou unha conversión 3D e unha versión dixital remasterizada para a estrea IMAX. Todd-AO mesturou o son en Dolby Atmos para mellorar a experiencia de inmersión de son.
Estrea miniatura|Nenos coa carauta de Iron Man á espera de ver os actores entrar no cinema na estrea do filme en París Walt Disney Studios Motion Pictures distribuíu o filme, salvante a China, onde tiña os dereitos DMG Enertrainment, e en Alemaña e Austria Tele München. A versión chinesa do filme ofrece a maiores imaxes realizadas exclusivamente para a audiencia chinesa, aumentando a súa duración en catro minutos.
A estrea foi no Gran Rex de París o 14 de abril de 2013, coa presenza de Robert Downey Jr. e Gwyneth Paltrow. No Reino Unido ía estrearse o 17 de abril mais pola morte da ex-primeira ministra Margaret Thatcher atrasouse ao día seguinte. Downey, Ben Kingsley e Rebecca Hall estiveron presentes no avance no londiniense Odeon Leicester Square. El Capitan Theatre dos Ánxeles acolleu a estrea estadounidense o 24 de abril. Entre o 22 e o 24 de abril estreouse en 46 países e nos Estados Unidos a estrea comercial foi unha semana máis tarde chegando ás 4.253 salas. As proxeccións en IMAX principiaron internacionalmente o 25 de abril de 2013 e 3 de maio nos Estados Unidos. O filme amosouse no formato 4DX nalgúns países seleccionados.
Recepción
Recadación Iron Man 3 ingresou 409.000.000 de dólares en Norteamérica e 805.800.000 no resto do mundo, cun total de 1.200.000.000 $, superando a ambas as dúas entregas anteriores combinadas. Converteuse internacionalmente no quinto filme con maior recadación, o segundo de 2013, e a terceira entrega de todos os tempos. Paramount Pictures recibiu o 9% da recadación xerada por Iron Man 3. Deadline.com calculou o beneficio neto en 391.800.000 de dólares, logo de descontar todos os gastos e taxas do filme.
Norteamérica Iron Man 3 converteuse no 13º filme con maior recadación, o segundo de 20132013 Yearly Box Office Results, Box Office Mojo e o cuarto filme baseado en banda deseñada e en superheroes. Na súa estrea fixo 68.900.000$ (incluíndo $15.600.000 do xoves pola noite), a sétima recadación dun día de estrea. Na súa primeira fin de semana logrou 174.100.000, a cuarta mellor fin de semana de todos os tempos (tras de Jurassic World, The Avengers e Avengers: Age of Ultron). Do público desa primeira fin de semana, o 55% tiñan máis de 25 anos, o 61% eran homes e só o 45% da recadación viña de salas 3-D. En IMAX recadouse na primeira fin de semana 16.500.000 .