True Lies é un filme estadounidense de 1994 do xénero da comedia de acción, coproducido e dirixido por James Cameron, protagonizado por Arnold Schwarzenegger, Jamie Lee Curtis, Tom Arnold, Art Malik, Tia Carrere, Bill Paxton, Eliza Dushku, Grant Heslov e Charlton Heston. É un remake da película francesa de 1991 La Totale!. A película céntrase no axente do goberno norteamericano Harry Tasker (Schwarzenegger), que conxuga a súa vida como espía coas súas obrigas familiares.

True Lies foi o primeiro proxecto de Lightstorm Entertainment distribuído baixo o acordo multimillonario de Cameron con 20th Century Fox, así como a primeira gran produción de Dixital Domain,  cofundada por Cameron.

Argumento miniatura|Arnold Schwarzenegger, o gran protagonista do filme Harry Tasker leva unha dobre vida. Mentres que a súa esposa Helen e a súa filla Dana cren que é un vendedor de computadoras, realmente traballa como axente encuberto dunha forza antiterrorista coñecida como Sector Omega. Recibe a orde de se infiltrar na mansión alpina dun contrabandista de armas en Suíza. Coa axuda dende fóra dos seus compañeiros Albert "Gib" Gibson (Tom Arnold) e Faisil (Grant Heslov), Harry accede a unha computadora no interior da mansión e faina funcionar para que Faisil entre nos seus ficheiros logrando información sobre o comercio ilegal de armamento nuclear. Durante a misión Harry coñece á vendedora de antigüidades Juno Skinner (Tia Carrere) e baila un tango con ela. Aínda que o descobren consegue saír disparando da mansión.

Elenco miniatura|Tia Carrere interpreta a Juno Skinner, unha anticuaria Arnold Schwarzenegger como Harry Tasker Jamie Lee Curtis como Helen Tasker Tom Arnold como Albert 'Gib' Gibson Art Malik como Salim Abu Aziz Bill Paxton como Simon Tia Carrere como Juno Skinner Eliza Dushku como Dana Tasker Grant Heslov como Faisal Charlton Heston como o director Spencer Trilby Marshall Manesh como Jamal Khaled James Allen como Coronel Ofer Samra como Yusef

Produción miniatura|Caza utilizado no filme miniatura|Sala de Cristal do Millennium Biltmore Hotel onde se gravaron as escenas do vestíbulo do Hotel Marquis Schwarzenegger afirmou que durante a rodaxe dunha escena cun cabalo, unha cámara estourou e o cabalo "toleou, xirando e pulando" preto dunha caída de 90 metros. Schwarzenegger rapidamente saltou do cabalo e o especialista Billy D. Lucas colleuno. Cun orzamento de produción de 100.000.000Fox, D., 1994. Movies: 'True Lies,' 'Forrest Gump' and 'The Lion King' are on target to break a record for non-holiday weekend ticket sales. Los Angeles Times, 18 de xullo de 1994. Dispoñible en http://articles.latimes.com/1994-07-18/entertainment/ca-17141_1_true-liesKempley, R., 1994. ‘True Lies’ (R). The Washington Post, 15 de xullo de 1994.-120Thompson, Anne. (1994-07-29) 5 True Lies About James Cameron . Ew.com,True Lies  foi a primeira película en chegar os 100 millóns. Filmouse nun período de sete meses.

A masión Rosecliff usouse para as escenas de tango de salón ao comezar o filme. E  o exterior do chalé suízo no que Harry Tasker se infiltra filmouse en Ocre Court, ámbalas dúas situadas en Newport. As escenas no vestíbulo do ficticio Hotel Marquis en Washington graváronse na sala de baile de cristal do Milennium Biltmore Hotel no centro dos Ánxeles.

Lanzamento

Recepción crítica Tras a súa estrea en 1994 a película recibiu críticas positivas. Baseándose en 47 críticas recollidas por Rotten Tomatoes, True Lies ten un 72% de aprobación e unha media ponderada de 6.5/10; o consenso do sitio é, "Se ben non alcanza a altura das anteriores colaboracións entre o director James Cameron e o actor Arnold Schwarzenegger, True Lies aínda ten suficiente acción e humor na súa, ás veces absurda, trama para entreter". Metacritic dálle ao filme un 63 de 100, indicando "boas críticas".lies . Metacritic.com

A pesar das críticas positivas, National Review criticouna como sexista, cruel, ou mesmo misóxina polo tratamento dado ás personaxes femininas, así como que o heroe (Schwarzenegger) usase os seus recursos da axencia para perseguir e asustar a súa esposa.John Simon, "True Lies. National Review, 29 de agosto de 1994. Membros da comunidade islámica e árabe percibiron que no filme se transmitiu un forte prexuízo antiárabe ou antiislámico ."Arab-Americans Protest 'True Lies'" 16 de xullo de 1994, The New York Times."Muslim leader wants 'True Lies' banned", 26 de setembro de 1994. The Gainesville Sun, page 3.

Recadación O filme foi un éxito de público. A súa estrea foi en 2.368 cines nos  Estados Unidos, chegando ao primeiro lugar na súa fin de semana de estrea, chegando a  25.869.770 dólares e un total de 146.282.411 mentres no resto do mundo lograba 232.600.000. En total 378.88.411 en todo o mundo, a  terceira mellor recadación de 1994.1994 Domestic Grosses. boxofficemojo.com

Notas

Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes sobre terrorismo Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes dirixidos por James Cameron Categoría:Filmes de Lightstorm Entertainment Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes ambientados en Miami Categoría:Filmes ambientados en Florida Categoría:Filmes ambientados en Washington, D.C.