Deborah García Bello, nada na Coruña en 1984 é unha licenciada en Química e divulgadora da ciencia, que mantén o blog Dimetilsulfuro. Ten participado en Naukas (ed. 2017)

Traxectoria Licenciouse en Química, e durante oito anos deu clase de materias científicas no ensino medio. Comezou a traballar en divulgación científica ata que este labor se converteu na súa dedicación única. Mantén un blog de divulgación, Dimetilsulfuro, e dirixiu diversas xornadas de divulgación científica, como as de Arte & Ciencia no Museo Guggenheim de Bilbao ou a cátedra de Cultura Científica da Universidade do País Vasco.

Ademais é membro de Divulgaccion, da Asociación Española de divulgación Científica e colaboradora en Efervesciencia. Está a cursar o doutoramento na Universidade da Coruña en divulgación científica.

En 2018 participou no programa Girl STEM.

Obra Todo es cuestión de química (Ed. Paidós, 2016). ¡Que se le van las vitaminas!. Mitos y secretos que solo la ciencia puede resolver (Ed. Paidós, 2018)

Premios

Premio Bitácoras 2014 como mellor blog de Ciencia en España Premio Tesla de Divulgación Científica 2016. Premio Prisma da Casa das ciencias de Divulgación 2017 ao Mellor libro editado, por “Todo es cuestión de química”, publicado pola Editorial Paidós, un libro que, segundo o xurado 'achega a química aos lectores a través de exemplos da vida cotiá'.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Divulgacción Asociación Española de divulgación Científica Efervesciencia

Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1984 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Blogueiros