007 Casino Royale (en inglés: Casino Royale) é un filme de 2006, o vixésimo primeiro da serie de espionaxe de Eon Productions James Bond e o primeiro interpretado por Daniel Craig como o axente de ficción do MI6 James Bond. Dirixido por Martin Campbell e escrito por Neal Purvis e Robert Wade e mais Paul Haggis, a película marca a terceira adaptación para a pantalla da novela de Ian Fleming Casino Royale (1953) ambientada ao inicio da carreira de Bond como o Axente 007 e a súa licenza para matar. Despois de evitar un ataque terrorista no Aeroporto Internacional de Miami, Bond namórase de Vesper Lynd, a funcionaria do tesouro designada para fornecerlle dos cartos que precisa para a creba do terrorista financeiro, Le Chiffre, por medio dunha partida de póker. O arco da historia continúa nas seguintes películas de Bond Quantum of Solace (2008), Skyfall (2012) e Spectre (2015) .
Casino Royale reinicia a serie, creando unha nova liña de tempo e a narrativa marco non debería preceder ou seguir calquera dos títulos anteriores, o que lle permite á película amosar un Bond menos experimentado e máis vulnerable. Adicionalmente, por primeira volta desaparece totalmente o personaxe da señorita Moneypenny. A selección de actores implicou a procura dun novo actor para interpretar a James Bond, e houbo controversia ao elixirse a Craig como sucesor de Pierce Brosnan en outubro de 2005. A rodaxe realizouse na República Checa, Bahamas, Italia e o Reino Unido. Os interiores construíronse nos estudios Barrandov e Pinewood. Aínda que parte da trama transcorre en Montenegro, non se filmou toma ningunha alí. Eon Productions produciu Casino Royale para Metro-Goldwyn-Mayer e Columbia Pictures, a primeira película de Bond producida por Eon e coproducida por Columbia
A estrea de Casino Royale foi no Odeon Leicester Square o 14 de novembro de 2006. Recibiu críticas positivas, salientando o papel de Craig na renovación do personaxe, e a saída dos tópicos dos anteriores filmes. Recadou case 600.000.000 de dólares en todo o mundo, a maior recadación dos filmes de James Bond ata Skyfall en 2012. Estreouse en galego na TVG o 5 de agosto de 2012"Programación de TVG para mañana sabado", Diario Siglo XXI, 3 de agosto de 2012 .
Argumento miniatura|Daniel Craig recibiu críticas favorables polo xiro que lle deu ao personaxe de James Bond O novo James Bond gaña a súa licenza para matar e status como axente 00 ao asasinar ao traidor xefe de sección do MI6 Dryden na embaixada británica en Praga, así como ao seu contacto terrorista, Fisher, nunha casa de baño en Lahore. Mentres tanto, en Uganda, o Sr. White (Jesper Christensen) organizou unha xuntanza entre o banqueiro Le Chiffre (Mads Mikkelsen) mais o guerrilleiro Obanno (Isaach De Bankolé), quen só quere protexer os seus fondos monetarios; a pesar de que Chiffre lle asegure que «non hai perigo ningún na carteira de investimentos», o certo é que son de moito risco, ao realizar vendas ao descuberto de empresas para despois financiar atentados terroristas para afundir as súas accións e mercalas logo a prezos máis baixos.
M, xefe do MI6, manda a Bond na súa primeira misión como 007 a Madagascar, co obxectivo de perseguir un fabricante de bombas de nome Mollaka. Despois dunha persecución parkour ata a embaixada de Nanbuto, Bond mátao e fai que estoupe parte do edificio para escapar. Por medio do móbil de Mollaka sabe que recibiu chamadas de Alex Dimitrios, socio de Le Chiffre, que reside nas Bahamas. Bond viaxa ata Nassau e seduce a esposa de Dimitrios, Solange. Entrementres atendía unha chamada, Solange revela que o seu marido vai para Miami. Bond sae tras del. En Miami, 007 mata a Dimitrios e despois segue o gardacostas de Le Chiffre, Carlos, ata o Aeroporto Internacional de Miami. E alí, Bond frustra o plan de Le Chiffre de destruíir o prototipo de avión desenvolvido por Skyfleet ao conseguir prender a bomba en Carlos, deixando o banqueiro cunha enorme perda polo que organiza no Casino Royale de Montenegro un torneo de póker con altas apostas. Confiando que nun eventual fracaso, o banquero tería que acollerse á protección do goberno británico para salvagardar a súa integridade dos irados acredores M (Judi Dench) inscribe a Bond no torneo. Cando chega 007 xúntase co seu contacto René Mathis (Giancarlo Giannini), e coa axente do tesouro británica, Vesper Lynd (Eva Green), encargada de evitar que o gasto ao longo do torneo non supere o límite axustado. Tras algunhas partidas, Chiffre torna ao seu apartamento, e el mais a súa noiva Valenka (Ivana Miličević) sofren as ameazas do guerrilleiro Obanno, que lle reclama os cartos prometidos. Obanno e mais o seu secuaz atópanse con Bond e Vesper que oíran os berros de Valenka e o 007 enfróntase aos dous e mátaos, de xeito que ao día seguinte Mathis usa os seus cadáveres para culpar dos asasinatos a un gardacostas de Chiffre e acurralar o banqueiro aínda máis.
Elenco miniatura|Eva Green fixo de Vesper Lyndor, a axente do tesouro asignada para supervisar e financiar a Bond na súa partida de póker Daniel Craig: James Bond 007 Mads Mikkelsen: Le Chiffre Judi Dench: M Eva Green: Vesper Lynd Jeffrey Wright: Felix Leiter Giancarlo Giannini: René Mathis Jesper Christensen: M. White Carlos Leal: O director do casino Caterina Murino: Solange Dimitrios Simon Abkarian: Alex Dimitrios Tobias Menzies: Villiers Ivana Milicevic: Valenka Clemens Schik: Kratt Ludger Pistor: Mendel Claudio Santamaria: Carlos Sébastien Foucan: Mollaka Isaach de Bankolé: Steven Obanno Produción Producírase xa Casino Royale como un episodio de televisión (1954) e como un filme satírico. Eon Productions adquiriu os dereitos de Casino Royale en 1999 despois de trocalos Sony Pictures Entertainment á Metro-Goldwyn-Mayer polos dereitos de Spider-Man. En marzo de 2004 Neal Purvis e Robert Wade principiaron a escribir un guión para Pierce Brosnan como Bond, co obxectivo de traer de volta o sabor orixinal das novelas de Ian Fleming. A principal contribución de Paul Haggis foi a reescribir o clímax da película.
O director Quentin Tarantino manifestou o seu interese en dirixir unha adaptación de Casino Royale non obstante, en febreiro de 2005 deuse a coñecer que Martin Campbell sería o director da película máis tarde, en 2005, Sony liderando un consorcio mercou MGM, permitindo así que Sony lograse os dereitos de distribución da película.
Eon consideraba que usaran en exceso os efectos xerados por computadora nas películas anteriores, máis particularmente en Die Another Day, e desexaba realizar as escenas de acción de Casino Royale "á moda antiga". Os guionistas Purvis, Wade e Haggis para lograren máis realismo querían seguir o máximo posible a novela orixinal, mantendo tanto a escura historia de Fleming como a caracterización de Bond.
O elenco Pierce Brosnan asinara un contrato por catro filmes cando o escolleron como James Bond. O que se cumpriu en 2002 tras realizar Die Another Day . Para entón, Brosnan estaba achegándose o seu 50 aniversario e sabía que aos admiradores da serie e aos críticos non lles gustara que Roger Moore interpretase a Bond con 58 anos e comezou a especularse que se ía substituír a Brosnan cun actor máis novo. Brosnan anunciou oficialmente que deixaba o papel en febreiro de 2004. O produtor Michael G. Wilson chegou a dicir que había unha lista con máis de 200 nomes como posibles substitutos. O actor croata Goran Višnjić fixo probas para o papel o mesmo día que Craig, pero tiña problemas para dominar o acento británico. Tamén se pensou no actor neozelandés Karl Urban mais non puido facer unha proba por compromisos de rodaxe. Segundo Martin Campbell, Henry Cavill foi o único actor considerado en serio para o papel, pero con 22 anos de idade onsiderouse que era novo de máis. Tamén entraron en consideración o actor australiano Sam Worthington mais o escocés Dougray Scott. Puido ser Hugh Jackman pero rexeitou debido a outros compromisos"'I have been asked': Hugh Jackman says he'd consider taking over playing James Bond from Daniel Craig...after revealing he's already turned the role down once before", Daily Mail, 3 de setembro de 2005.
O 14 de outubro de 2005 Eon Productions, Sony Pictures Entertainment e MGM anunciaban nunha conferencia de prensa en Londres, que Craig sería o sexto actor en interpretar a James Bond. Craig vestindo traxe de etiqueta chegou a bordo dunha lancha da mariña real británica. Houbo controversia tras da decisión, con algúns críticos e fans expresando a súa dúbida pola escolla dos produtores. Ao longo de todo o período de produción, houbo campañas por Internet expresando insatisfacción e ameazas de boicot á película.
Para a rapaza Bond, Vesper Lynd, considerouse a Angelina Jolie e Charlize Theron, tamén a belga Cécile de France, mais esta última desbotouse polo seu pésimo acento inglés. Entrou en liza a actriz francesa Audrey Vénus pero non foi adiante por mor do seu papel en The Da Vinci Code (2006). O 16 de febreiro de 2006 anunciouse a escolla da actriz francesa Eva Green.
A rodaxe miniatura|Craig en Venecia durante a rodaxe. A rodaxe principal de Casino Royale principiou o 3 de xaneiro e rematou o 20 de xullo de 2006. Realizouse fundamentalmente nos estudios Barrandov de Praga, con localizacións adicionais nas Bahamas, Italia e o Reino Unido. A rodaxe rematou nos estudios Pinewood. Nun primeiro momento, pensouse rodar en Suráfrica pero por problemas de seguridade non se fixo . No Reino Unido filmouse no aeródromo Dunsfold en Surrey, no pavillón de crícket en Eton College (aínda que se eliminou da montaxe final) e mais en Bedfordshire. miniatura|Grandhotel Puppa, Karlovy Vary, República Checa. Despois de filmar en Praga, a produción mudouse para as Bahamas, en diversas localizacións de Nova Providencia rodándose entre febreiro e marzo, particularmente na illa Paradise. Imaxes ambientadas en Mbale (Uganda) filmáronse en Black Park en Buckinghamshire o 4 de xullo de 2006. Algunhas escenas realizarónse en Albany House, propiedade dos golfistas Ernie Els e Tiger Woods. O equipo volveu á República Checa en abril, continuando a rodaxe en Praga, Planá e Loket para rematar na cidade de Karlovy Vary en maio. Un famoso spa checo, Karlovy Vary utilizouse como o exterior do Casino Royale, co Grandhotel Puppa servindo como "Hotel Splendide". A localización principal en Italia foi Venecia, onde se ambienta gran parte do remate da película. Outras escenas da segunda metade da película filmáronse a finais de maio e principios de xuño na Villa del Balbianello, á beira do Lago Como, graváronse ademais exteriores na Villa la Gaeta, preto da vila de Menaggio.
Efectos No deseño dos créditos da película, o deseñador gráfico Daniel Kleinman inspirouse na pasta dianteira da primeira edición de Casino Royale datada en 1953, que contaba co deseño, orixinal de Ian Fleming, dunha carta da baralla arrodeada de oito corazóns deitando pingas de sangue . Para as imaxes ensombrecidas da secuencia dixitalizou imaxes de Craig e dos dobres especialistas no sistema de efectos visuais Inferno en Framestore CFC de Londres, esas siluetas dos actores incorporáronse en máis de 20 escenas animadas dixitalmente amosando deseños de cartas complexos e innovadores. Kleinman decidiu non usar as siluetas femininas que se vían noutras películas da serie Bond, considerando que as mulleres non encaixaban nin co espírito da película nin na historia dun Bond namorado.
Para o resto da película, Chris Corbould, o supervisor de efectos e de miniatura volveu a un estilo máis realista reducindo significativamente os efectos dixitais; tres escenas que inclúen principalmente efectos físicos na película son a persecución nun edificio en Madagascar, a secuencia da persecución no aeroporto de Miami e o afundimento da casa veneciana, os escenarios localízaronse na Gran Canal e nos estudios Pinewood.