Furco é un lugar da parroquia de Furco no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. En 2016 tiña 45 habitantes, 24 mulleres e 21 homes, segundo o INE.
Toponimia O topónimo pode aludir a unha bifuración de camiños, a un buraco na terra ou a algo en forma de Y
Patrimonio
A igrexa, situada no lugar de Furco, data do século XVIII. A Reitoral –priorado de San Gregorio de Furco é do século XVIII con muros de granito. Destaca o escudo de Oseira no lintel da porta principa porque foi priorado de Oseira..
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Furco
Parroquias de Carballedo
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía