Os ojibwa, ojibwe ou chippewa son un pobo indíxena do grupo anishinaabe que habita en América do Norte. Viven no Canadá e nos Estados Unidos e son un dos meirandes grupos étnicos indíxenas ó norte do río Bravo. No Canadá, son a segunda das Primeiras Nacións por poboación, só superados polos cree. Nos Estados Unidos, son o cuarto maior grupo de indíxenas, superados polos navagho, cherokee e os síux.
Tradicionalmente, os ojibwa falan a lingua ojibwa, unha lingua da familia algonquina. Forman parte do concilio de tres lumes e dos anishinaabe, que inclúen os pobos algonquino, nipissing, oji-cree, odawa e potawatomi.
No Canadá hai 77 940 ojibwas; 76 760 saulteaux e 8 770 mississaugas, organizados en 125 bandas, que viven dende o oeste do Quebec até o leste da Columbia Británica. No ano 2010, os ojibwa dos Estados Unidos sumaban 170 742.
Os ojibwa son coñecidos polas súas canoas de cortiza de bidueiro, a minaría e comercio de cobre e o cultivo de arroz salvaxe. A súa sociedade midewiwin é coñecida e respectada como gardiá da historia oral, cancións, mapas, recordos, historias, xeometría e matemáticas.
miniatura|250px|Distribución dos falantes de ojibwa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lingua ojibwa
Categoría:Pobos algonquinos Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América Categoría:Pobos indíxenas do Canadá