Cabalos e lobos é a primeira novela de Fran P. Lorenzo, publicada en abril de 2015 por Edicións Xerais de Galicia logo de gañar o Premio Blanco Amor de 2014.

Características Nesta novela, ambientada en setembro de 1972, no que atinxe ao arquitectónico e urbanístico, son protagonistas edificios e rúas de Vigo: o edificio Albo (obra racionalista do arquitecto Francisco Castro Represas), a rúa Privada Moderna, no vello límite do concello de Vigo e o concello de Lavadores, o café Derby, a entrada de Príncipe, a rúa Colón, o Teatro Cine Fraga, a vella redacción do Faro de Vigo, a rúa Policarpo Sanz (Cable Inglés, Café Colón), a Casa Sanchón, a Porta do Sol, o Teatro García Barbón, o Teatro Rosalía de Castro, a rúa Marqués de Valladares, a Alameda da Praza de Compostela (Editorial Galaxia), As Avenidas, cabo do Bar Comercio, e o Navy Bar de Manuel Antonio.

Un dos eixes de Cabalos e lobos é o amor, concretamente o amor homosexual, e outro dos eixes é o estabelecemento da colonia alemá en Vigo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Folga xeral de 1972 Ligazóns externas Cultura de Galicia Secretaría Xeral de Cultura. Xunta.

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras gañadoras do Premio Blanco Amor Categoría:Obras literarias de 2015 Categoría:Novelas ambientadas en Vigo