O aeroporto de Glasgow (IATA: GLA, ICAO: EGPF), anteriormente aeroporto de Abbotsinch, é un aeroporto internacional de Escocia situado a 16 km ao oeste do centro da cidade de Glasgow. No ano 2016 polas súas intalacións pasaron case 9,4 millóns de pasaxeiros, cun incremento do 7 % con respecto a 2015, sendo o segundo aeroporto máis concorrido de Escocia, tras o aeroporto de Edimburgo, e o oitavo do Reino Unido. É o principal aeroporto do oeste de Escocia e o principal entrada de voos de longa distancia do país.

O aeroporto é propiedade de AGS Airports, que tamén ten e opera os aeroportos de aeroporto de Aberdeen e Southampton. Anteriormente pertencía e era operado por Heathrow Airport Holdings. As principais aeroliñas que operan nas súas instalacións son British Airways e Loganair, esta última usando o aeroporto como centro de conexións. Outras grandes compañías que usan GLA como base son easyJet, Jet2.com, Ryanair, Thomas Cook Airlines e Thomson Airways.

O aeroporto de Glasgow inaugurouse no ano 1966 e orixinalmente só operaba voos cara a outras partes do Reino Unido e Europa. Comezou a ofrecer voos a outras partes do mundo que antes eran operados polo aeroporto de Glasgow-Prestwick, e que se converteu no aeroporto secundario da cidade sendo usado principalmente por aeroliñas de baixo custo, por operacións de carga e por voos chárter.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Glasgow