O aeroporto de Venecia Marco Polo (IATA: VCE, ICAO: LIPZ) éo aeroporto internacional da cidade italiana de Venecia. Está situado a 8 km ao norte da cidade, en Tessera. Debido á importancia de Venecia como destino de lecer, conta con voos a moitas áreas metropolitanas europeas ademais dalgunhas rutas de longo alcance parcialmente estacionais cara Estados Unidos, Canadá e Oriente Medio. Con 9 624 748 pasaxeiros e uns 50 000 movementos de avións no ano 2016, é o quinto aeroporto máis concorrido de Italia en número de pasaxeiros e o cuarto en número de operacións. Foi bautizado co nome de Marco Polo e serve como base para Volotea e easyJet.
Hai outro aeroporto situado na área de Venecia, o aeroporto de Treviso, que ás veces é chamado de forma non oficial Venecia-Treviso e opera principalmente voos de aeroliñas de baixo custo, sobre todo de Ryanair e Wizz Air.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Notas
Venecia