Marián Ferreiro Díaz, nada en Narón o 1 de outubro de 1977, é unha política galega de Terra Galega.
Traxectoria Estudou o Bacharelato no Instituto das Telleiras. Foi dependenta de comercio e administrativa do Concello de Narón (2006-2015). Nas eleccións municipais de 2015 presentouse como número 2 na candidatura de Terra Galega que encabezaba Xosé Manuel Blanco e foi elixida concelleira. Foi concelleira de Cultura e primeira tenenta de alcalde. En setembro de 2017, logo da renuncia ao cargo de Xosé Manuel Blanco por idade, foi elixida alcaldesa de Narón o 23 de setembro.
Nas eleccións municipais de 2019 acadou de novo a alcaldía e igualmente nas de 2023.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Narón
Categoría:Alcaldes de Galicia por Terra Galega Categoría:Alcaldes de Narón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Narón Categoría:Nados en 1977 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes