Coda é o noveno álbum de estudio (considerado como disco póstumo) da banda británica Led Zeppelin, editado en 1982.

Historia e características O álbum é unha colección de cancións non utilizadas durante a carreira de doce anos do grupo. Foi publicado dous anos despois da súa disolución oficial e a morte do batería John Bonham.

O contrato do grupo con Atlantic Records obrigábao a publicar un novo disco, mais os músicos non desexaban que o posto do recentemente falecido batería o ocupase outro, preferindo manter a formación clásica, polo que optaron por sacar un álbum con gravacións antigas descartadas e sobrantes dos discos anteriores.

Nome e portada Coda é o nome que recibe a pasaxe coa que remata unha peza musical. A portada foi deseñada polo estudo Hipgnosis, sendo o quinto álbum realizado para Led Zeppelin; as catro letras que forman o título do disco recordan a tipografía utilizada para as luces de neon.

Notas

Categoría:Álbums de Led Zeppelin Categoría:Álbums musicais de 1982