O aeroporto internacional de Tesalónica "Macedonia" (IATA: SKG, ICAO: LGTS), anteriormente coñecido como aeroporto de Mikra, é un aeroporto grego situado a 13 km ao sur da Torre Branca de Tesalónica en Thermi.

É o terceiro aeroporto máis grande de Grecia despois dos de Atenas e Heraclión. Inaugurouse no ano 1930 e é o segundo aeroporto grego máis concorrido en termos de operacións e o terceiro en termos de pasaxeiros. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 6 044 129 pasaxeiros. É o principal aeroporto do norte de Grecia e serve á cidade de Tesalónica, a segunda máis grande do país, ao destino turístico de Chalkidiki e ás cidades que rodean a rexión.

Aeroliñas e destinos

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Tesalónica