miniatura|O chamado Mozart de Boloña foi copiado en 1777 en Salzburgo (Austria) por un autor descoñecido a partir dun retrato orixinal pedido para a galería de compositores de Giovanni Battista Martini en Boloña (Italia). O aspecto físico e a personalidade de Wolfgang Amadeus Mozart son obxecto de múltiples investigacións na actualidade.Véxase o prólogo de Einstein. O feito de que non se puidesen exhumar os restos de Mozart, debido a que se descoñece o punto exacto no que se localiza a tumba comunitaria na que foi enterrado, nin se conserven máscaras ou moldes mortuorios, confire certo grao de incerteza á aparencia física do compositor. Aínda que existe un suposto cranio de Mozart, a súa autenticidade, máis que cuestionable, non se puido verificar ata o momento. Este cranio ten sido sometido a diversas probas de ADN, comparándoo cos das súas supostas sobriña e avoa materna, mais non só encontraron que o ADN do primeiro non coincidía co das súas dúas familiares, senón que os delas tampouco concordaban entre si. Así mesmo, preservouse un presunto mechón do seu pelo, tamén de dubidosa lexitimidade. Con todo, existen fontes e referencias fiables respecto tanto do seu aspecto e indumentaria como da súa personalidade. Esta información concrétase en obras plásticas, descricións e testemuños da época, que permiten facerse unha idea máis ou menos acertada de como era Mozart física e psicoloxicamente.
En relación á súa indumentaria e efectos persoais, estudos baseados en documentos como a Orde de Suspensión redactada logo da súa morte ou o rexistro dos recibos de compra de traxes, contribuíron moito a esclarecer os gustos de Mozart relativos á roupa.
Polo que respecta á súa personalidade, o coñecemento da mesma débese, fundamentalmente, ás descricións dos seus contemporáneos que se conservaron, así como á análise da ampla correspondencia persoal do compositor.Para a correspondencia de Mozart, véxase
Aspecto físico miniatura|210px|Representación da orella esquerda de Mozart (esquerda) e dunha orella normal (dereita), ofrecida na biografía que realizou do compositor o segundo marido da viúva de Mozart, Georg Nikolaus von Nissen.
Como escribiu Franz Xaver Niemetschek, un dos seus primeiros biógrafos, «non había nada especial no [seu] físico. [...] Era pequeno e a súa cara, excepto os seus ollos grandes e intensos, non mostraba ningún signo do seu xenio».
Mozart foi descrito polo tenor Michael Kelly, actor e cantante irlandés da Ópera de Viena, na súa obra Reminiscences. Esta achega unha das descricións máis valiosas e completas da figura de Mozart:
Dos testemuños directos do físico do compositor, diversos especialistas na vida de Mozart conclúen que era un home de pouca estatura (medía 152 cm, aproximadamente),Hutchings, cap. 1 moi delgado e pálido. Da súa curta altura dá fe o diario do conde Ludwig von Bentheim-Steinfurt, aristócrata contemporáneo de Mozart que asistiu a un dos seus concertos, celebrado o 15 de outubro no Teatro Municipal de Viena, no que Mozart interpretou varias pezas. Na entrada correspondente ao 15 de outubro, o conde afirma que «o señor Mozart é un home pequeno, de figura agradable». Da súa palidez, a súa curta estatura e a súa delgadeza testifican, así mesmo, uns comentarios redactados en 1792 por Maria Anna Mozart, a irmá de Wolfgang, para a futura biografía de Friedrich Schlichtegroll:Mozart, Briefe, IV, páxs. 199 e s.
Presentaba un rostro corrente, que estaba marcado polas cicatrices da varíola que padeceu na súa infancia, e no que resaltaba un gran nariz. Os seus ollos eran grandes e claros (ao parecer, de cor azul intensa) e lucía unha abundante e espesa cabeleira, de cabelo fino e cor trigueira, recollida nunha cola. As súas mans eran de mediano tamaño, con dedos longos e finos, e a súa boca era pequena. Á orella esquerda de Mozart faltáballe a circunvolución usual ou cuncha (esta rara malformación conxénita coñécese agora na literatura médica co nome de «orella de Mozart»).
Era bastante torpe na manipulación de obxectos, tanto máis canto menor fora o tamaño destes, e non podía parar de xogar ou tamborilar as mans cando falaba con alguén ou cando comía: o seu corpo sempre estaba en movemento.
Pola súa banda, Constanze (a esposa de Amadeus) escribiu máis tarde que «era un tenor, bastante suave na oratoria e delicado no canto, mais cando algo o excitaba, ou era necesario esforzarse, era tan poderoso como enérxico».
Enfermidades
Dada a súa complexión delgada e feble, Mozart foi xa dende os seis anos de idade unha persoa que padeceu numerosas enfermidades ao longo da súa vida, as cales foron deteriorando paulatinamente a súa saúde ata desembocar na súa prematura morte, cando contaba trinta e cinco anos. Así, contraeu unha infección estreptocócica nas vías superiores en 1762, máis adiante padeceu un eritema nodoso que o doutor Peter J. Davies, do Hospital St. Vincent de Melbourne (Australia), considera de probable orixe estreptocócica. Ese mesmo ano contraeu unha nova infección estreptocócica e sufriu un leve ataque de febre reumática. En 1764, sufriu unha amigdalite, e en 1765 contraeuna de novo, neste caso complicada con sinusite. A finais dese ano, sufriu unha febre tifoide endémica que o levou a un estado de coma, e ao ano seguinte padeceu un novo ataque de febre reumática. En 1767, contraeu a varíola, tres anos despois sufriría unha conxelación durante as súas viaxes por Italia, e en 1771 padeceu unha traqueobronquite con ictericia. Tres anos máis tarde, sufriu un absceso dental agudo, e catro anos despois, padeceu unha bronquite.
Aos vinte e cinco anos de idade, en 1781, contraeu unha infección viral, mais foi en 1784 cando padeceu unha grave enfermidade en Viena, cuxos síntomas son cólicos terribles que acababan en vómitos violentos, e febre reumática inflamatoria, que puideron orixinar unha enfermidade renal crónica. Considérase que nesta infección se encontran as orixes da súa morte sete anos máis tarde. En 1787, Mozart «volveu contraer unha infección estreptocócica que orixinou unha segunda aparición da síndrome de Schönlein-Henoch; ademais, os seus riles, xa en mal estado, quedaron aínda máis danados».
Retratos e imaxes do compositor miniatura|esquerda|Mozarts letzte Tage (Últimos días de Mozart) de Hermann von Kaulbach (1873). A pesar da súa calidade artística, este retrato foi pintado oitenta e dous anos despois de que Mozart morrese, polo que o aspecto físico do compositor non é representado con moita rigorosidade. Na actualidade, existen máis de sesenta retratos e representacións pictóricas de toda índole de Mozart, a pesar de que boa parte delas presentan escasa fidelidade ao modelo, sendo segundo Ramón Andrés "con probabilidade, Mozart é o músico do que máis retratos imaxinarios se pintaron".
Arthur Hutchings manifestou o seu punto de vista sobre a contradición que ofrece a oposición que se dá entre a inxente cantidade de obras plásticas que representan ao xenio e o escaso valor iconográfico das mesmas mediante a sentenza: «Demasiadas imaxes».Hutchings, cap. I: «Siempre estaba alegre». Pola súa banda, Alfred Einstein, tamén especialista en Mozart, expresou a súa opinión relativa a estes retratos nas seguintes declaracións:
A excepción do artista francés Jean-Baptiste Greuze, ningún outro pintor relevante acometeu a empresa de reproducir fielmente o físico de Mozart. Por outra banda, unha das características do século XVIII no que á pintura se refire foi precisamente, aínda que só nalgunhas escolas, a falta de fidelidade cara aos trazos do modelo reproducido.
Todo isto fixo que o musicólogo Arthur Schuring afirmase en 1923 o seguinte:
Estas declaracións levaron aos musicólogos e historiadores da arte a emprender unha rigorosa análise de todas as pinturas, bosquexos, debuxos, camafeos e gravados do compositor que existían. A conclusión deste labor foi que tan só oito obras plásticas, de interese desigual, foron elaboradas por autores que coñeceron directamente a Mozart, ou ben mediante bosquexos tomados de debuxos realizados do natural. A partir desta selección, as «pinturas biográficas» de Mozart publicáronse con máis coidado, seguindo, polo xeral, os criterios xurdidos a raíz desa análise. miniatura|Detalle do retrato inacabado de Mozart ao piano, obra do seu cuñado Joseph Lange, pintado en 1781-82. Este é considerado por Constanze como o mellor de todos os retratos do seu marido.Véxase Novello.Robbins Landon, p. 72. 180px|miniatura|esquerda|Retrato concluído por Barbara Krafft en 1819. O retrato, malia ter sido pintado case trinta anos despois da morte do compositor, considérase unha das súas representacións máis fieis, xa que a autora empregou como modelo tres obras fieis ao orixinal que a irmá de Wolfgang puxo á súa disposición. A obra foi solicitada á artista por Joseph Sonnleithner, con intención de incluíla na súa galería de compositores.
Deste xeito, parece oportuno sinalar unha relación de autores, contemporáneos ao compositor, que asinaron retratos pouco rigorosos de Mozart: Pompeo Girolamo Battoni, François Joseph Bosio, Breitkopf, Joseph Duplessis, Nicolò Grassi, Jean-Baptiste Greuze, Klass, Langernhöffel, Rigaud, Saint-Aubin, Van Smissen, Thelott, Tischbein e Johann Zoffany. Con todo, o estudo destes retratos pode resultar interesante, xa que, aínda sen seren fieis aos trazos físicos do compositor, achegan importantes datos iconográficos, sexa sobre instrumentos musicais, ou sobre outras personalidades que figuran neles.
A toda a anterior lista de autores, entre os que se encontran algúns grandes nomes da pintura, cómpre engadir a todos os artistas do século XIX que representaron a Mozart, como Hermann von Kaulbach ou Shields, que ofrecen unha visión puramente romántica e pouco rigorosa do aspecto físico do xenio de Salzburgo. Desta afirmación habería que excluír o retrato realizado por Barbara Krafft en 1819 xa que, malia ter sido pintado case trinta anos despois da morte do compositor, considérase unha das súas representacións máis fieis. Isto débese a que Krafft se baseou en retratos feitos en vida de Mozart e considerados pola irmá do compositor como de gran parecido co xenio. Así, Krafft tomou como modelos o retrato de familia de Della Croce (1780-1781) e o óleo inacabado de Joseph Lange (1789-1790, reproducido na marxe dereita), que lle foron facilitados pola propia irmá de Wolfgang, en Salzburgo.
Á marxe de todo estudo iconográfico, os coñecementos actuais no que respecta á similitude dos retratos con respecto á figura de Mozart baséanse máis ben en opinións que supoñan unha fonte fiable, como, por exemplo, o testemuño e as descricións dalgúns dos seus amigos, da súa esposa ou do seu fillo máis vello, Karl Thomas Mozart.
Finalmente, cabe mencionar que o retrato de Mozart realizado polo seu cuñado, Joseph Lange (contra o ano 1789) é considerado actualmente como a representación máis fiel do compositor (representado na marxe dereita). Lange era o marido da irmá máis vella de Constanze, Aloysia Weber, e traballaba como actor no Burgtheater de Viena. A pesar de ser tan só un afeccionado á pintura, a súa obra foi considerada por Constanze como o mellor de todos os retratos do seu marido, afirmando:
Maria Anna Mozart, irmá do compositor, tamén admitiu que o parecido do retrato co modelo era asombroso.
Indumentaria A Mozart, como a Constanze, gustáballe a roupa elegante, e sempre vestía á última moda e con vestidos caros, independentemente de cal fose a súa situación económica. Isto era así, en parte, por ser un home que lle daba moita importancia á súa aparencia externa.