Tyrus Wayne Thomas, nado o 17 de agosto de 1986 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.

Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2006 foi seleccionado polos Portland Trail Blazers na 4ª posición do Draft da NBA de 2006. Máis tarde foi traspasado ós Chicago Bulls a cambio da segunda rolda dese mesmo draft, LaMarcus Aldridge.

O 18 de febreiro de 2010, Thomas foi traspasado ós Charlotte Bobcats a cambio de Acie Law, Ronald Murray e unha futura elección da primeira rolda do Draft. O 12 de xullo de 2010, asinou un novo contrato cos Bobcats por 5 anos e 40 millóns de dólares.

O 13 de xaneiro de 2015, Thomas foi adquirido polos Iowa Energy da NBA Development League.

O 4 de setembro de 2015, Thomas asinou un contrato dun ano co Eisbären Bremerhaven da Basketball Bundesliga.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en Baton Rouge, Luisiana‎ Categoría:Nados en 1986 Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Charlotte Bobcats Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores do Eisbären Bremerhaven