, pseudónimo de , nado en Tokyo o 14 de xaneiro de 1925 e finado na mesma cidade o 25 de novembro de 1970, foi un novelista e dramaturgo xaponés. Escribiu máis de 40 novelas, poemas, ensaios e pezas modernas de teatro kabuki e noh.Biografia pela The Internet Movie Database

En 1988 creouse o premio Mishima para honrar a súa vida e obra.

Traxectoria Orixes Yukio Mishima era o nome artístico utilizado por , que naceu na capital do Imperio do Xapón en 1925, onde tivo unha infancia problemática marcada por sucesos que máis tarde influíron fortemente a súa literatura. De neno foi separado dos seus pais e pasou a vivir coa súa avoa paterna, unha aristócrata ligada á era Tokugawa.Naoki Inose & Hiroaki Sato, Persona: A Biography of Yukio Mishima (Naoki Inose, Hiroaki Sato) (Stone Bridge Pr 2012) A avoa deixaba o neno afastarse da súa vista, de xeito que Kimitake tivo unha infancia illada.

Aos doce anos Kimitake volveu vivir cos seus pais e comezou a escribir as súas primeiras historias. Matriculouse nun colexio de elite en Tokio e seis anos despois publicou nunha revista literaria un conto que posteriormente foi editado en libro. O seu pai, un funcionario do goberno, estaba totalmente en contra das súas pretensións literarias. Nesa época adoptou o pseudónimo Yukio Mishima, en parte para ocultar os seus traballos literarios do coñecemento paterno. Foi recrutado polas forzas xaponesas durante a segunda guerra mundial, mais quedou fóra das liñas da fronte por motivos físicos e de saúde. Este feito converteuse nun factor de gran remorso para Mishima que testemuñou a morte dos seus compatriotas e perdeu a oportunidade de ter unha morte heroica. Forzado polo seu pai, matriculouse na Universidade de Tokyo onde se formou en dereito. Trala graduación conseguiu un emprego no Ministerio de Finanzas.Artigo no jornal ingles “The Guardian” No entanto, desgustouse tanto que acabou por convencer o seu pai a aceptar a súa carreira literaria. O seu pai, rudo e disciplinante dixo que xa que era escritor era mellor que se converterse no mellor escritor que o Xapón vise.

Inicio da carreira literaria Mishima tiña 24 anos cando publicou , unha historia sobre un mozo homosexual que precisa esconderse detrás dunha máscara para evitar a sociedade. A novela alcanzou un tremendo éxito literario, o que levou a Mishima á celebridade e continuou con outras publicacións e traducións, converténdoo nun autor internacionalmente coñecido. Yukio Mishima foi candidato en tres ocasións ao premio Nobel de literatura; o último deles (1968) foi concedido ao seu amigo, Yasunari KawabataNobel Prize Organization, que o introducira nos círculos literarios de Tokio na década de 1940.

Despois da publicación de Kamen no Kokuhaku, Mishima adquiriu unha posición máis realista e activa, intentando deixar atrás o mozo fráxil e obsesivo. Comezou a practicar artes marciais e alistouse no Exército de Autodefensa xaponés, onde, un ano despois, formou o Tatenokai (Sociedade da Armadura), unha entidade de extrema dereita composta de mozos estudantes de artes marciais que estudaban o bushido baixo a disciplina e tutela de Mishima. Casou en 1958 con Yoko Sugiyama, tendo con ela un fillo e unha filla. Nos últimos dez anos da súa vida, traballou como actor en filmes e codirixiu unha adaptación dunha das súas historias.

Tentativa de golpe de estado e seppuku O 25 de novembro de 1970, Yukio Mishima, acompañado de 4 membros do Tatenokai, renderon o comandante do cuartel xeral das Forzas de Autodefensa xaponesas en Tokio. Realizou un discurso patriótico na tentativa de persuadir os soldados do cuartel a restituíren ao Emperador os seus poderes.Mishima, Yukio; O Hagakure; A Ética dos Samurais; (1987); p 9; Editora Rocco ltda. Notando a indiferenza dos soldados, Yukio Mishima cometeu seppuku, sendo asistido por Hiroyasu Koga, unha vez que Masakatsu Morita fallou no momento final.Biografía de Yukio Mishima A mañá antes da súa morte esciribiu:

Crese que Mishima tiña o seu suicidio preparado durante un ano. Segundo John Nathan, o seu biógrafo, tradutor e amigo, tería creado este escenario só como pretexto para o suicidio ritual co que sempre soñou.Nathan, John. Mishima: A biography, Little Brown and Company: Boston/Toronto, 1974.

Mishima reservaba para si unha individualísima marca de nacionalismo ao final da súa vida. Foi odiado pola extrema dereita, en particular polo seu compromiso declarado co bushido, o código de honra e conduta do samurai, e por nacionalistas tradicionais por causa da súa afirmación, no Bunka Bōeiron (文化 防衛 論, "A Defensa da Cultura"), que Hirohito debera abdicar e asumir a responsabilidade pola perda de vidas na guerra.

Cando morreu, Mishima acababa de escribir .

Obras principais Título en xaponés Título traducido Ano 假面の告白Kamen no Kokuhaku Confesións dunha máscara 1948 愛の渇きAi no Kawaki Sede de amor 1950 禁色Kinjiki Cores prohibidas 1953 潮騷Shiosai O tumulto das ondas 1954 金閣寺Kinkaku-ji O pavillón dourado 1956 鏡子の家Kyōko no Ie A casa de Kyoko 1959 宴のあとUtage no Ato Despois do banquete 1960 午後の曳航Gogo no Eikō O mariñeiro que perdeu as grazas do mar 1963 絹と明察Kinu to Meisatsu Seda e visón 1964 三熊野詣Mikumano Mōde(conto) Actos de adoración 1965 サド侯爵夫人Sado Kōshaku Fujin(obra de teatro) Madame de Sade 1965 憂國Yūkoku(conto) O patriotismo Dende Xapón ao Carballiño coa maleta chea de libros e de lembranzas 1966 眞夏の死Manatsu no Shi Morte no verán 1966 葉隠入門Hagakure Nyūmon O camiño do samurai 1967 わが友ヒットラーWaga Tomo Hittorā(obra de teatro) O meu amigo Hitler 1968 太陽と鐡Taiyō to Tetsu Sol e azo 1970

豐饒の海Hōjō no Umi O mar da fertilidade tetraloxía: (1969-1970)

Título en xaponés Título traducido Ano   I. 春の雪Haru no Yuki    1. Neve de primavera 1969   II. 奔馬Honba    2. Cabalos en fuga 1969   III. 曉の寺Akatsuki no Tera    3. O templo da aurora 1970   IV. 天人五衰Tennin Gosui    4. A caída do anxo 1970

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ciber Museo Yukio Mishima Museo Literario Yukio Mishima

Categoría:Escritores do Xapón Categoría:Poetas do Xapón Categoría:Escritores en lingua xaponesa Categoría:Nados en Tokyo Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Suicidios en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade de Tokyo Categoría:Suicidios LGTB Categoría:Suicidas do Xapón