Uromys vika é unha especie de roedor arborícola xigante da familia Muridae. O roedor foi descuberto na illa de Vangunu, nas Illas Salomón en 2015, despois de anos de procura baseados en historias locais, e foi descrito en 2017.Lavery, T. H.; Judge, H.; A new species of giant rat (Muridae, Uromys) from Vangunu, Solomon Islands, Journal of Mammalogy, gyx116, https://doi.org/10.1093/jmammal/gyx116 Foi identificado como unha nova especie en base ó seu crania, esqueleto e detalles da análise de ADN. O único individuo inicialmente recollido dunha árbore cortada (Dillenia salomonensis) medía 46 cm de longo, pesaba entre 0,5 e 1 kg e tiña pelaxe marrón alaranxada. Crese que a súa dieta inclúe noces de casca grosa como noces ngali e cocos, e probablemente froitas. A especie é probable que sexa considerada en perigo crítico de extinción, por mor da pequena extensión do se hábitat (arredor de 80 km2) e a deforestación da illa.

Notas

Categoría:Roedores Categoría:Animais descritos en 2017