007: A espía que me amou (en ) é o décimo filme da franquía James Bond e o terceiro protagonizado por Roger Moore interpretando o axente 007. Barbara Bach e Curt Jürgens coprotagonizan o filme ó seu carón. Foi dirixido por Lewis Gilbert e o guión foi escrito por Christopher Wood e Richard Maibaum.
O filme toma o seu nome da novela de Ian Fleming The Spy Who Loved Me, o décimo libro das novelas e historias de James Bond, malia que moitos elementos do argumento da novela non aparecen no filme. A historia xira arredor da personaxe de Karl Stromberg, que quere destruír o mundo e crear unha nova civilización baixo o mar. Bond únese á axente rusa Anya Amasova para deter a Stromberg.
Foi rodado en Exipto (O Cairo e Luxor) e Italia (Costa Smeralda, Sardeña), e as escenas submarinas foron rodadas nas Bahamas (Nassau), e un novo plató construído nos Pinewood Studios foi construído para representar o interior do supertanque acuático. A espía que me amou foi ben recibida pola crítica. A banda sonora composta por Marvin Hamlisch tamén tivo un enorme éxito. O filme foi nomeado a tres Premios Oscar e foi reconvertido en novela en 1977 por Christopher Wood co título James Bond, The Spy Who Loved Me.
Personaxes Roger Moore como James Bond 007 Barbara Bach como Anya Amasova/Axent Triplo X Curd Jürgens como Karl Stromberg Richard Kiel como Jaws Caroline Munro como Naomi Walter Gotell como Xeneral Gogol Bernard Lee como M] Desmond Llewelyn como Q/Maior Boothroyd Lois Maxwell como Miss Moneypenny Geoffrey Keen como Frederick Gray Robert Brown como vicealmirante Hargreaves George Baker como Capitán Benson Michael Billington como Sergei Barsov Vernon Dobtcheff como Max Kalba Nadim Sawalha como Fekkesh Olga Bisera como Felicca Edward de Souza como Sheikh Hosein Shane Rimmer como Comandante Carter Bryan Marshall como Comandante Talbot Milton Reid como Sandor Sue Vanner como Log Cabin Girl Eva Reuber-Staier como Rubelvitch Marilyn Galsworthy como asistente de Stromberg
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Lewis Gilbert Categoría:Filmes ambientados na Unión Soviética Categoría:Filmes de Pinewood Studios Categoría:Filmes rodados en Malta Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes rodados en Suíza Categoría:Filmes rodados nas Bahamas Categoría:Filmes de James Bond Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes rodados en Exipto Categoría:Filmes rodados en Sardeña Categoría:Filmes ambientados en Exipto Categoría:Filmes ambientados en Austria Categoría:Filmes sobre armas e guerras nucleares Categoría:Filmes de 1977 con versión en galego