Jamsa, tamén chamado "A Man de Fátima", "Hamsa" ou "Khamsa", que é unha palabra árabe que significa "cinco". Cinco porque se considera como o número de sorte para os musulmáns e correspondente aos cinco dedos que ten a man. Atópase en culturas árabes e xudías.miniatura|200px|A Man de Fátima
Orixe O profeta Mahoma, o fundador do Islam, tiña unha filla, a fermosa e virtuosa Fátima, a quen os musulmáns veneran con gran devoción. A historia di que unha vez que Fátima estaba ocupada na cociña preparando comida cando o seu marido Alí chegou inesperadamente. Ao oilo Fátima deixou ás súas tarefas e foi o seu encontro. Con todo, lamentase tristemente de ver que o seu marido chega cunha fermosa concubina.
Prudente, Fátima gardou silencio e, atormentada polos celos, regresou á cociña. Pero, inmersa en escuros e tristes pensamentos, non prestou atención ao que estaba a facer: tiña unha pota ao lume con caldo fervendo e, máis atenta á súa tristeza que ao seu traballo, meteu a man dentro e empezou a remover o caldo.
Tan absorta estaba que non sentiu dor, pero Alí viu o que estaba a facer e, arrepiado, abalanzouse sobre ela, gritando. Foi entón cando Fátima se deu conta de que se estaba queimando a man e sacouna da pota.
Dende entón A Man de Fátima converteuse nun símbolo importante no mundo musulmán.
Significados Tanto para musulmáns como para xudeus ten un significado relixioso, representa os cinco alicerces do islam, para os primeiros, e o pentateuco para os segundos. Trae boa sorte e dota das virtudes de paciencia, fidelidade e fertilidade, ademais do seu poder de protección, especialmente ás embarazadas, pola súa protección da matriz.
Dise que os cinco dedos representan os mandamentos da lei islámica: Oración cinco veces ao día. Décimo ou esmola aos pobres. Crenza en Alá, os profetas, o corán e o xuízo final. Xaxún no mes de ramadán. Peregrinación á Meca. Para os cristiáns converteuse nun amuleto ou talismán protector, semellante á Cruz de Caravaca, que protexía contra o mal de ollo, os celos e a envexa. O seu uso estaba moi xeneralizado pero Carlos V chegou a prohibila.
Descrición Aparece frecuentemente en forma estilizada, como unha man con tres dedos levantados, e algunhas veces con dous pulgares dispostos simétricamente e cun ollo na parte central da palma. Os dedos poden apuntar cara arriba ou cara abaixo, dependendo o significado.
Referencias https://luzesperanzaiberoamerica.wordpress.com/2015/03/17/hamsa-jamsa-mano-de-fatima/
Categoría:Islam Categoría:Xudaísmo