Millettia laurentii é unha árbore da familia das Fabacee, nativa da África tropical, distribuíndose polo Camerún, Congo, República Democrática do Congo, Guinea Ecuatorial e mais Gabón. A especie aparece está considerada como ameazada na listaxe da IUCN, principalmente debido á destrución do seu hábitat e á sobreexplotación para a súa conversión en madeira.

Descrición É unha especie moi dura e de cor escura, ás veces con estrías amarelas moi finas. De tamaño medio pode chegar os 30 metros de altura, excepcionalmente ata 45 Dominique Louppe (2008) Plant Resources of Tropical Africa (PROTA) Volume 1, G.J.H Grubben, p. 370, e o diámetro do toro pode acadar os 60-100 centímetros, aínda que usualmente ten menos.

Madeira A súa madeira, denominada wengé, utilízase na fabricación de mobles, na carpintería de interior, ebanistería ou pisos. En África emprégase tradicionalmente para a realización de tambores, por mor da súa boa resonancia e xa na época moderna en instrumentos de corda polo o seu característico timbre e duración do son, en especial en guitarras, baixos e os seus accesorios.

Notas

Categoría:Millettieae