A illa Dinagat é unha illa situada en Filipinas, adxacente á illa de Mindanao. Corresponde á provincia de Illas de Dinagat situada na Rexión Administrativa de Caraga, tamén denominada Rexión XIII.
Xeografía Illa está separada da de Leyte polo estreito de Surigao que comunica o mar de Filipinas co mar de Bohol, golfo de Leyte. Ten aproximadamente 70 km de longo, en dirección norte-sur (de punta Desolación á canle de Gaboc ), e uns 25 km, de leste-oeste, o que supón unha extensión superficial de 769 km².
Ao oeste, no estreito de Surigao atópanse, ao norte a illa Hibuson fronte a baía de Looc, pechada polas illas de Kayosa e de Puyo; máis ao sur a baía de Tubajón, a de Laganán...
Ao leste, no mar de Filipinas, seo de Dinagat atópase a ría de Malinao,
Comunicacións Un barco procedente da cidade de Surigao detense nos dous peiraos da illa, Tubajón no norte e Cagdayánao no sur. A duración do traxecto é 30 a 45 minutos. Desde calquera dos dous podemos acceder pola estrada que comunica Cagdayánao con Santiago, barrio de Loreto.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Illas de Filipinas Categoría:Xeografía de Filipinas