Dahlak Kebir (en ) é a illa máis grande do arquipélago de Dahlak. Situado no Mar Vermello da costa de Eritrea, antes chamábase Dahlak Deset.
Características Dahlak Kebir ten unha superficie de 643 km² e unha poboación de ao redor de 2.500 persoas que falan Dahlik. As súas industrias principais inclúen a pesca, recollida de cogombros de mar e o turismo.
O pobo de Dahlak Kebir atópase ao oeste da illa e é coñecido pola súa antiga cisterna e necrópole, que data de polo menos do ano 912. Tamén é coñecido polos seus fósiles . Outras características da illa inclúen ruínas pre - islámicas en Adel, fauna e pantanos de mangleiros. Os transbordadores unen a illa con Massaua e varias illas máis pequenas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Xeografía de África Xeografía de Eritrea
Ligazóns externas
Imaxe satelital de Dahlak Kebir
Categoría:Illas de Eritrea Categoría:Illas do mar Vermello