Venetiana ou Veza Taubner-Calderón, de casada Veza Canetti, nada en Viena o 21 de novembro de 1897 e finada en Londres o 1 de maio de 1963, foi unha poeta, dramaturga e narradora austríaca de orixe sefardí.

Biografía Veza Taubner-Calderón dunha nai sefardí orixinaria de Bosnia e un pai xudeu húngaro residente en Viena; superdotada intelectualmente, tiña a minusvalía de nacemento de carecer do antebrazo esquerdo. Tras a Primeira guerra mundial empezou a traballar como profesora de inglés e pertenceu ao círculo máis íntimo de Karl Kraus, aínda que tamén se achaba preto dos marxistas austríacos.

Con 27 anos coñeceu o escritor Elias Canetti, con quen casou en febreiro de 1934. A parella abandonou Austria en 1938, cando Hitler anexionou o país, e tras pasar unha tempada en París establecéronse en Londres.

Durante os anos trinta escribiu relatos curtos inspirados na vida diaria para o xornal vienés Arbeiter-Zeitung e máis tarde, xa no exilio, na revista de Praga Neue Deutsche Blätter, fundada por Wieland Herzfelde. Publicábaos cos pseudónimos de Veza Magd, Martha ou Martina Murner, ou Veronika Knecht, que empregaba tamén para as súas traducións do inglés, entre elas The Power and the Glory de Graham Greene.

Fóra destes traballos, apenas publicou nada demasiado extenso polo desinterese que mostraban as editoriais polas súas novelas; isto desalentouna e levouna a destruír as súas novelas Kaspar Hauser e Die Genießer. Non foi até moitos anos despois da súa morte cando empezaron a aparecer algunhas das súas novelas; a primeira foi Die gelbe Straße (1990). Son con frecuencia políticas e en parte autobiográficas, en particular Die Schildkröten, e agora están consideradas entre as mellores da súa época. Tamén escribiu bastante teatro.

Traballou os seus últimos anos como axente literaria do seu marido, con quen frecuentemente non se levaba ben.Biografía en Exilarchiv .

Obras 1989, Die gelbe Straße, novela 1991, Geduld bringt Rosen, contos 1990, Der Oger, teatro 1999, Die Schildkröten, novela 2001, Der Fund, narracións e teatro 2006, Con Elías Canetti, Briefe an Georges. München: Hanser.

Notas

Categoría:Escritores de Austria Categoría:Escritores en lingua alemá Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados en 1897 Categoría:Nados en Viena Categoría:Finados en 1963 Categoría:Dramaturgos Categoría:Poetas de Austria