Acontecementos
Xaneiro: o papa Pascual II declara nulo o matrimonio entre Urraca e Afonso I de Aragón. Febreiro: Pedro Froilaz pon fin ao preito dos arciprestados que enfrentaban á súa familia co bispo Xelmírez. Maio: Afonso I de Aragón, acompañado pola súa esposa a raíña Urraca, invade Galiza para rematar coa rebelión dos partidarios do infante Afonso Raimúndez. Afonso I de Aragón derrota os nobres galegos na Batalla de Monterroso, a cruel represión posterior provoca a súa primeira separación da raíña Urraca. Pedro Froilaz agocha o príncipe Afonso Raimúndez no mosteiro de Moraime en Muxía. Xuño: Os exércitos do rei de Aragón son expulsados de Galiza despois dunha campaña de tres meses. Na súa retirada tentan infrutuosamente sitiar Astorga. Afonso o Batallador retírase a Aragón para facer fronte a unha nova ofensiva almorábideLópez Teixeira 2013. p. 64. Urraca convoca o seu fillo á corte leonesa co obxecto de coroalo rei ao seu carón. Cando o nobres galegos chegan a León, Urraca esta camiño de Aragón reconciliada co seu esposo. Agosto: Afonso I e Urraca derrotan ao emir de Zaragoza Almostain na batalla de Valterra. Agosto: Pedro Froilaz entrevístase con Henrique de Borgoña e leva o infante Afonso Raimúndez á fortaleza do Castrelo do Miño, aproximandoo aos dominios do conde Henrique. Afonso I retén como prisioneira, encerrada no castelo de Castellar, á raíña Urraca e ocupa militarmente Castela e León. Expulsa das súas sés os bispos de Toledo, Burgos e León. Urraca escapa da prisión de Castellar coa axuda dos condes Gómez Núñez de Candespina e Pedro González de Lara. 26 de outubro: Batalla de Candespina. Afonso I de Aragón, en alianza con Henrique de Borgoña, derrota os condes casteláns partidarios de Urraca. Henrique de Borgoña descontento polo incumprimento do seu pacto con Afonso de Aragón alíase agora con Urraca e ambos sitian a Afonso no castelo de Peñafiel. Henrique de Borgoña rompe a alianza con Urraca a instancias da súa muller a condesa Tareixa. Urraca reconciliase por segunda vez co seu home o rei de Aragón. Levántase o cerco ao castelo de Peñafiel. Afonso I de Aragón retoma Palencia e Sahagun onde case captura á condesa Tareixa. O exército de Henrique de Borgoña cerca a Urraca e Afonso en Carrión. Os partidarios de Urraca obrígano a levantar o sitio.
Asia
Os cruzados capturan Beirut e Saida (a antiga Sidón dos fenicios).
Nacementos García IV Ramírez, rei de Navarra († 1150)
Mortes Almostain, emir de Zaragoza. 11 de xullo - Elías I do Maine, conde do Maine. Outubro: Gómez Núñez, amante da raíña Urraca. Na batalla de Candespina. Li Jie, arquitecto e político chinés (n. 1065).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:1110