A reserva da biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés é a reserva da biosfera galego-portuguesa de 260 hectáreas de afluentes do río Limia, como o Vez, Homen e o Cávado, ao seu paso polas serras do Xurés, do Quinxo e de Santa Eufemia. Abrangue a concellos galegos ourensáns das comarcas de Limia e Baixa Limia e en municipios portugueses, miñotos e trasmontanos, de Viana do Castelo, Braga e Vila Real. É un espazo de montaña granítica, con picos como a Nevosa e a Fontefría, e de abundantes ríos que discorren case dun xeito rectilíneo. Dentro da reserva atópanse o parque nacional da Peneda-Gêres e o parque natural da Baixa Limia - Serra do Xurés. De feito, esta reserva da biosfera ten un 24% da súa área na zona galega e dun total 260 mil ha. que están catalogadas como zonas núcleo, de máxima importancia de conservación.
Ecosistema Flora A flora catalogada na reserva da biosfera conta con 807 especies. 117 especies son endemismos no nordés peninsular. A flora vascular de interese de conservación inclúe a especies como Armeria sampaioi e Ceratocapnos claviculat. Destaca o catálogo de 317 especies de briófitos, dos cales 227 son musgos e 90 hepáticas.
Fauna A fauna de invertebrados catalogados na reserva é de 1196 especies e de vertebrados de 235 especies. Algunhas especies como a serpe Coronella girondica, o moucho Bubo bubo, ou as xinetas Genetta genetta son abundantes.
Sociedade e economía Demografía Na reserva viven arredor de 126 mil persoas. As zonas menos poboadas son as zonas de montaña, que son a zona núcleo do espazo. Pola contra, a meirande parte da poboación habita en lugares de praderías e ribeiras, en zonas de riparias e de clasificadas como zonas de transición na reserva.
Patrimonio histórico Os lugares de maior interese histórico atópanse na franxa galega. A igrexas de Santa Comba de Bande e Santa María a Real son monumentos históricos. En Bande atópase "A Cidá", o campamento romano Aquis Querquennis, da Vía Nova romana construída entre o século I e II. Na franxa portuguesa destacan os castelos de Lindoso e Montealegre, construído durante o reinado de Afonso III.
Economía A agricultura foi historicamente o motor económico na rexión. Agora, porén, prevalece o sector servizos, como o turismo, e a produción de carne.
Lexislación A reserva da biosfera acolle no seu territorio espazos protexidos por outras medidas lexislativas e de acción, como é: Zona de especial protección para as aves (ZEPA) "Baixa Limia - Serra do Xurés", de 31.287 ha. Zona especial de conservación (ZEC) "Baixa Limia", de 33.920 ha. Parque Natural "Baixa Limia - Serra do Xurés", de 29.345 ha. Parque Nacional da Peneda Gerês. SIC Serras da Peneda e Gerês. Reserva Bioxenética Matas de Palheiros Albergaria.
Galería
Notas
Véxase tamén Parque Nacional de Peneda-Gerês
Ligazóns externas
Categoría:Reservas da biosfera Categoría:Reservas da biosfera de Galicia