O asubío gomero (en ) é unha linguaxe asubiada practicado por algúns habitantes de La Gomera (Canarias) para comunicarse a través de barrancos. O asubío transforma os sons vocalizados de calquera linguaxe natural humana en asubíos tonais recoñecibles a distancia. Trala desaparición da lingua guanche orixinaria, no presente codifica a lingua castelá.
Historia miniatura|Asubío gomero. O asubío foi creado polos primeiros habitantes da illa, aborixes canarios, e era "falado" tamén en El Hierro, Tenerife e Gran Canaria. No século XVI, trala conquista das Illas Canarias, os últimos guanches adaptaron o asubío á lingua castelá — mentres a lingua orixinal, a lingua guanche, íase extinguindo.
Por mor do perigo de desaparición do asubío a comezos do século XXI, debido ás melloras das comunicacións e especialmente da desaparición de actividades como o pastoreo nas que máis se empregaba, o Goberno canario regulou a súa aprendizaxe na escola, e declarou o asubío gomero como patrimonio etnográfico das Canarias en 1999. O 30 de setembro de 2009, o asubío gomero foi inscrito pola Unesco na Lista representativa do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade, grazas en boa parte ó traballo realizado polo goberno canario. Isidro Ortiz Muñoz impartiu clases de asubío en colexios da illa.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Meyer, J., Meunier, F., Dentel, L. (2007). Identification of natural whistled vowels by non whistlers. Proceedings of Interspeech 2007. Trujillo, R., et al (2005). EL SILBO GOMERO. Materiales didácticos. Illas Canariaa: Consellería de Educación, Cultura e Deportes do Goberno de Canarias - Dirección General De Ordenación e Innovación Educativa. ISBN 84-689-2610-8. Carreiras M, López J, Rivero F, Corina D (2005). Linguistic perception: neural processing of a whistled language Nature 433 (7021): 31-32. PMID 15635400 Trujillo, R. (1990). The Gomeran Whistle: Linguistic Analysis (English translation: J.Brent). Scta. Cruce Nivariae: Library of Congress, Washington, DC (iam non impressus). Trujillo, R. (1978). EL SILBO GOMERO: análisis lingüístico. Scta. Cruce Nivariae. ISBN 84-85543-03-3. Busnel, R.G. e Classe, A. (1976). Whistled Languages. Nova York: Springer-Verlag. ISBN 0387077138 Classe A. (1957). The whistled language of La Gomera. Scientific American, 196, 111-124. Díaz Reyes, D. (2008). El lenguaje silbado en la Isla de El Hierro. Excmo. Cabido Insular de El Hierro. Scta. Cruce Nivariae.
Categoría:Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade Categoría:La Gomera