miniatura|280px|Situación do Bearne no departamento de Pireneos Atlánticos. miniatura|280px|Situación do Bearne (en amarelo).A liña vermella sinala a área do dominio lingüístico occitano. O Bearne, en francés Béarn, en gascón, variedade bearnesa, que é variedade máis occidental da lingua occitana, Bearn ou Biarn , en aragonés, Biarn; en , é unha rexión natural e histórica de Francia, situada na vertente norte dos Pireneos.
Forma parte, coa Baixa Navarra, Lapurdi e Zuberoa, que compoñen o País Vasco francés (Iparralde), o departamento dos Pireneos Atlánticos, do cal ocupa o 60 % do territrio.
Xeografía Ocupa unha superficie de 4 672 km2 e a súa poboación en 2013 era de 365 393 habitantes.
A súa capital é a cidade de Pau.
O seu xentilicio é bearnés.
Desde a Revolución Francesa, Bearne constitúe a parte oriental do departamento dos Pireneos Atlánticos, do que ocupa os 3/5 do seu territorio. Está atravesado en diagonal polas gaves de Pau e de Olorón, cuxos vales paralelos son a parte máis viva do país.
A economía bearnesa sempre dependeu en gran medida da actividade agrícola e gandeira, e aínda mantén unha importante tradición nestes campos, pero na actualidade o Bearne tamén está orientado cara ás industrias de alta tecnoloxía, como a aeronaútica e as xeociencias (impulsadas polo descubrimento do xacemento de gas de Lacq en 1951).
Historia Foi un antigo Estado soberano e unha antiga provincia francesa xurdida tras a unificación coa coroa real en 1620.
A historia do Bearn está unida a figuras ilustres como Gastón Febo, Henrique II de Navarra (Henri d'Albret) e co rei de Francia Henrique IV.
Este pequeno estado foi capaz de manter a súa independencia durante séculos ao lado dos seus poderosos veciños franceses e españois. Nunca deixou de defender a liberdade e a xustiza para todos os bearneses, nunha sabia mestura de aristocracia e democracia,Histoire du Béarn en deux conférences, depuis les origines jusqu'à 1789, Émile Garet, 1911, pax. 7. (aínda que fosen elementos anacrónicos na Idade Media).
Os foros de Bearne representan a máis antiga lexislación escrita de Francia,Histoire du Béarn en deux conférences, depuis les origines jusqu'à 1789, Émile Garet, 1911 páx. 8. e tratábase tanto duna carta política como dun código de xustiza ao que incluso o soberano de Bearn non podía subtraerse.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Presentación do Béarn . Presentación do Bearne . Sitio oficial do Museo nacional do Castelo de Pau . Galería Virtual en Alta Definición do Museo nacional do Castelo de Pau Historia do Bearne medieval .
Categoría:Historia de Francia Categoría:Xeografía de Francia Categoría:Historia de Navarra