O acontecemento máis importante desde que o home chegou á lúa (en , en ) é un filme francoitaliano de comedia dirixido por Jacques Demy que se estreou en 1973.
Estreouse en galego o 9 de xaneiro de 1989 a través da TVG.
Sinopse Marco (Marcello Mastroianni) é un profesor de autoescola prometido a Irène (Catherine Deneuve), unha peiteadora. Tras cear polo, el quéixase á súa patroa de que cociña polo demasiado frecuentemente. Comeza a sentirse inchado e canso e visita un médico, que determina que está embarazado. Un experto conclúe que as hormonas do polo e volveron feminino abondo para ter un fillo. Co seu permiso, os médicos publican o caso e Marco convértese en modelo para unha compañía de roupa para nais que crea unha nova liña dedicada á paternidade. Finalmente, despois de que outros homes tamén queden embarazados, revélase que tiña un embarazo psicolóxico.
Personaxes Catherine Deneuve como Irène de Fontenoy Marcello Mastroianni como Marco Mazetti Micheline Presle como Dr. Delavigne Marisa Pavan como Maria Mazetti Claude Melki como Lucien Soumain André Falcon como Scipion Lemeu Maurice Biraud como Lamarie Alice Sapritch como Ramona Martinez Raymond Gérôme como Gérard Chaumont de Latour Michèle Moretti como Ginou Madeleine Barbulée como Mlle Janvier Micheline Dax como Mme Corfa Benjamin Legrand como Lucas Jacques Legras como Leboeuf Myriam Boyer como Ninon Barbeau Andrée Tainsy como Clarisse de Saint-Clair Mireille Mathieu como Ela mesma Tonie Marshall como convidado de The Bobino
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Jacques Demy Categoría:Filmes sobre o embarazo Categoría:Filmes de 1973 con versión en galego