Blade Runner 2049 é un filme estadounidense de ciencia ficción, cyberpunk e cinema negro dirixido por Denis Villeneuve e escrito por Hampton Fancher e Michael Green. É unha secuela do filme de 1982 Blade Runner, e está protagonizado por Ryan Gosling e Harrison Ford, xunto con Ana de Armas, Sylvia Hoeks, Robin Wright, Mackenzie Davis, Carla Juri, Lennie James, Dave Bautista e Jared Leto nos papeis secundarios. Ambientado trinta anos despois dos eventos do filme orixinal, conta a historia dun humano creado por bioenxeñaría chamado K, que descobre os restos dunha replicante que estivo embarazada, o cal é imposible. Para previr unha posible guerra entre os replicantes e os humanos, K debe atopar ó fillo desa replicante e destruír calquera proba relacionada con el.
A fotografía principal do filme realizouse en Budapest, Hungría entre xullo e novembro de 2016. Blade Runner 2049 estreouse nos Ánxeles o 3 de outubro de 2017 e nos Estados Unidos o 6 de outubro de 2017, en 2D, 3D e IMAX.
Estreouse en galego o 28 de novembro de 2024 a través da TVG.
Personaxes
Ryan Gosling como Oficial “Joe” K Harrison Ford como Rick Deckard Ana de Armas como Joi Sylvia Hoeks como Luv Robin Wright como Tte. Joshi Mackenzie Davis como Mariette Carla Juri como Dr. Ana Stelline Lennie James como Mister Cotton Dave Bautista como Sapper Morton Jared Leto como Niander Wallace David Dastmalchian como Coco Barkhad Abdi como Doc Badger Hiam Abbass como Freysa Wood Harris como Nandez Edward James Olmos como Gaff
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Blade Runner Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2017 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Denis Villeneuve Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes con banda sonora de Benjamin Wallfisch Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Alcon Entertainment Categoría:Filmes de Columbia Pictures Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes sobre intelixencia artificial Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 2049 Categoría:Filmes rodados en Budapest Categoría:Filmes rodados en Hungría Categoría:Filmes de Scott Free Productions Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego