A Biblia de Delft (1477) foi a primeira tradución relevante da Biblia que se imprimiu en lingua neerlandesa, chamada así por ser publicada na localidade de Delft, na Holanda Meridional.Exclúense algunhas edicións menores de carácter parcial impresas previamente con fins unicamente instrutivos. Non incluía nin o Novo Testamento nin os Salmos, que se imprimiron máis tarde en edicións separadas.

Os dous volumes en que se divide, que conteñen case 1.300 páxinas, constitúen a primeira publicación de Jacob Jacobszoon van der Meer e Mauricius Yemantszoon van Middelburg. O texto é unha adaptación anónima dunha tradución desde o latín, tamén anónima, que se realizara manuscrita en 1368."Delft Bible ". National Library of the Netherlands. (En inglés)

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Biblia

Categoría:Delft Categoría:Biblia