Lionor de Trastámara, tamén coñecida como Lionor de Trastámara e Borgoña e como Lionor de Castela, nada en 1362 e finada en Pamplona en 1415, foi infanta de Castela e León, e raíña consorte de Navarra desde o 1 de xaneiro de 1387 até a súa morte, o 5 de marzo de 1416.

Orixes famiiares Lionor era filla de do rei Henrique II de Castela e da infanta Xoana Manuel,Reis de Castela en Medieval Lands .Casa de Ivrea - genealogy .Henrique II de Trastamara en PEDIGREE] Henrique II de Castela - genealogie en mittelalter derradeira filla do escritor e home político, Don Juan Manuel, duque de Peñafiel e da súa terceira muller, Branca de la Cerda, filla de Fernando de la Cerda.

Este Fernando era o segundo fillo de Fernando de la Cerda (fillo do rei de Castela e León, Afonso X de Castela o Sabio e Violante de Aragón), e de Branca de Francia (filla do rei de Francia, Lois IX San Lois, e de Margarida da Provenza), e de Xoana Núñez de Lara, chamada la Palomilla, que era filla de Xoán Núñez de Lara, o Gordo, señor de Lara e soberano de Biscaia, e de Teresa Álvarez de Azagra, señora de Albarracín.

Branca de la Cerda era herdeira das posesións da familia Lara agás da señoría de Biscaia.

Traxectoria En 1371, tras o tratado de Alcoutim entre Castela e Portugal, propiciado polo papa Gregorio XI, ademais da paz na segunda guerra fernandina (1372-1373), decidiuse que o rei de Portugal Fernando I, ademais de renunciar ao Reino de Castela, casaría con Lionor.Teresa Pacheco: "Tratado de Alcoutim", en História de Portugal . Pero Fernando, que naquel momento estaba namorado de Lionor Telles de Menezes, esposa dun nobre da súa Corte, comezou unha relación con ela, e o proxectado matrimonio con Lionor de Trastámara nunca se celebrou. Fernando, en 1372, tivo éxito na petición da anulación do anterior matrimonio da súa amante, e casou finalmente con ela.Reis de Portugal en Medieval Lands . O compromiso entre Fernando I de Portugal e Lionor foi anulado no tratado de Tui en 1372. "Convenção de Tui", en José Adelino Maltez (2008): "Crónica do Pensamento Político". Dili, Timor Oriental.

En 1373, despois da vitoria de Henrique II na guerra que mantivera contra o Reino de Navarra, que obrigou ao rei Carlos II a romper a alianza militar que tiña con Inglaterra, e conseguiu que non concertara alianzas matrimoniais coa mesma, e que prohibiría o paso por Navarra de calquera inimigo de Castela (vitoria importante porque debilitaba a Inglaterra na guerra dos cen anos), para mitigar as diferenzas con Navarra, Lionor foi comprometida co herdeiro á súa coroa Carlos (o futuro Carlos III),VV.AA. (1988): Gran Enciclopedia Larousse. Barcelona: Planeta. ISBN 84-320-7370-9.Herreros Lopetegui, Susana (1993): "Navarra en la órbita francesa". En: Historia Ilustrada de Navarra. Pamplona: Diario de Navarra. ISBN 84-604-7413-5. fillo varón primoxénito do rei Carlos II e de Xoana de Valois, filla do rei de Francia, Xoán II e Bona de Luxemburgo. O matrimonio celebrouse en Soria, o 27 de maio de 1375.

En 1379, á morte do seu pai, Lionor herdou un importante señorío entre Roa e Sepúlveda, o que lle proporcionou un gran poderío político e económico. E á morte do seu sogro, Carlos II o Malo Malvagio, en 1387, Lionor convértese na raíña consorte de Navarra.

As relacións entre Lionor e o seu marido, Carlos III de Navarra, non foron idílicas e, en febreiro de 1388 separáronse. En 1390, Lionor, coa súa filla máis pequena, volveu a Castela, tras varias negociacións para que volvera, e nas que Lionor refería que en Navarra sufrira malos tratos, Carlos III conseguiu a entrega da súa filla máis vella, Xoana, para que fose educada e xurada como herdeira. Finalmente, Lionor fixou a súa residencia en Valladolid.

No mesmo ano 1390, á morte do seu irmán Xoán I de Trastámara, Lionor participou de forma activa nas intrigas en Castela cando o seu neto Henrique de Trastámara era menor de idade. E cando Henrique, en 1393, chegou á maioría de idade, e dado que os enfrontamentos eran máis intensos, Lionor continuou intrigando e aliouse co seu medio irmán Federico Enríquez, duque de Benavente, e co seu primo Pedro Fadríquez, conde de Trastámara, aliñándose contra o seu neto. Entón o neto, contra a metade de 1394, asediuona no castelo de Roa, onde estaba reunida cos seus seguidores, obrigándoa a renderse.

Finalmente, en febreiro de 1395, Henrique III obrigouna a volver a Navarra co seu marido. A partir de entón a relación dos esposos foi, pouco a pouco, mellorando, sendo coroada como raíña en 1403 en Pamplona, participando no goberno, como Lugartenente xeral do Reino, nas ausencias do seu esposo, e colaborando no entendemento entre o Reino de Navarra e a Coroa de Castela.

Lionor morreu en Navarra, segundo as principais fontes, o 27 de febreiro de 1415 en Olite, aínda que segundo outras, o 5 de marzo de 1416 en Pamplona.

Foi sepultada na catedral de Pamplona, onde foi despois acompañada polo seu marido Carlos III o Nobre, des anos máis tarde.

Matrimonio e descendencia Froito do seu matrimonio co rei Carlos III de Navarra naceron os seguintes fillos:

Xoana (1383-xullo de 1413), casada con Xoán III, conde de Foix. Branca (1385 - Santa María de Nieva, 3 de abril de 1441), sucesora do seu pai como raíña de Navarra. María (1388 - Pamplona, 6 de xaneiro de 1406).En xaneiro de 1406, a raíña Lionor ordenou o pago "ao convento de frailes menores de Olite en almosna por el servicio que ficieron…sobre el cuerpo de la infanta Doña María". Margarida (1390 - 1403/25), Beatriz (1392-1415), casada con Xaime II, conde de la Marche. Isabel (1395 - despois do 31 de agosto de 1435), casada con Xoán IV, conde de Armañac. Carlos (Pamplona, 15 de agosto de 1397 - 12 de agosto de 1402), príncipe de Viana. Luís (Olite, 1401 - 14 de outubro de 1402), príncipe de Viana.

Devanceiros de Lionor de Trastámara

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Henrique II de Castela Carlos II de Navarra

Ligazóns externas Lionor de Trastamara na Auñamendi Eusko Entziklopedia . Elionor de Castella na Gran enciclopèdia catalana .

Categoría:Infantes de Castela Categoría:Casa de Trastámara Categoría:Reino de Navarra Categoría:Nobres de España Categoría:Nados en 1363 Categoría:Nados no departamento de Loiret Categoría:Finados en 1416