O tratado de Tui foi un tratado asinado na cidade galega de Tui entre o rei de Portugal Fernando I e o rei de Castela Henrique II en abril de 1372.
Cláusulas Neste tratado modificaron algunhas das cláusulas do tratado de Alcoutim, asinado entre ambos os monarcas o ano anterior, sendo as máis importantes o acordo da anulación do compromiso matrimonial do rei portugués coa infanta de Castela Lionor de Trastámara, filla do rei castelán, e o restablecemento das fronteiras entre ambos os reinos anteriores ás acordadas no citado Tratado de Alcountim.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lopes, Fernão (Introdución de Salvador Dias Arnaut) (1966): Crónica do Senhor Rei Dom Fernando, nono rei destes regnos. Porto: Livraria Civilização. Martins, Armando Alberto (2008): Guerras fernandinas, 1369-1382. Porto: QuidNovi Editora. ISBN 978-98-9628-026-0. Olivera Serrano, César (2005): Beatriz de Portugal. La pugna dinástica Avís-Trastámara. Santiago de Compostela: CSIC. ISBN 84-0008-343-1. Outros artigos Tratado de Alcoutim
Categoría:Tui Tui Categoría:1372 Categoría:Historia medieval de Portugal Categoría:Historia medieval de España Categoría:Século XIV en Galicia Categoría:Tratados de Portugal