Fele Martínez, nado como Rafael Martínez o 22 de febreiro de 1975, é un actor español gañador dun Premio Goya ó mellor actor revelación pola súa interpretación no filme Tesis, de Alejandro Amenábar.

Traxectoria A súa carreira no cine comezou da man de Alejandro Amenábar, quen lle ofreceu un papel na súa primeira obra Tesis. Pola súa interpretación, Fele recibiu o Premio Goya ó mellor actor revelación no ano 1996. Entre os seus outros filme salientan Abre los ojos (Amenábar, 1997), Los amantes del círculo polar (Julio Medem, 1998), El arte de morir (Álvaro Fernández Armero, 1999), Capitães de Abril (María de Medeiros, 1999), Tuno negro (Pedro L. Barbero e Vicente J. Martín, 2000) e La mala educación (Pedro Almodóvar, 2004).

Tamén participou en varios proxectos independentes, incluíndo as curtametraxes Pasaia (1996), coa cal gañou o premio a mellor actor no Festival de Cine de Elx, Amigos (1997), La cartera (2000), e El castigo del ángel (2002) que tamén dirixiu.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Alacant Categoría:Actores de cinema de España