Alejo Barja Prieto foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de José Barja Alonso. Avogado en Mondoñedo. Foi fiscal municipal de Mondoñedo en 1929. Colaborou nos primeiros número da revista Galiza. O 2 de outubro de 1936 foi nomeado vocal da comisión xestora municipal e o 29 de decembro, síndico. Continuou como concelleiro e a finais dos anos corenta era o primeiro tenente alcalde. Foi alcalde de Mondoñedo de 1950 a 1959. Foi xefe local do Movimiento até marzo de 1962.El Pueblo Gallego, 3-3-1962, p. 14. Colaborou en El Progreso.

Obras El Comendador de la Orden de Alfonso X el Sabio Ilustrísimo Sr. D. Eduardo Lence-Santar y Guitián, cronista oficial de la Muy Noble, Leal y Fiel Ciudad de Mondoñedo, 1959.

Vida persoal Casou en Chantada con Fernanda Noguerol Eyré en 1931,La Voz de Galicia, 12-9-1931, p. 8. e foi pai de Alejo Barja Noguerol.

Notas

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Alcaldes de Mondoñedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes