Un lugar de importancia comunitaria (LIC)En inglés Site of Community Importante (SCI). é un espazo natural protexido dentrdo da Unión Europea que foi designado polos estados membros europeos como candidato a ser declarado zona especial de conservación da Rede Natura 2000.
Estes lugares, seguindo a directiva 92/43/CEE da Unión Europea, foron propostos polos estados membros perante un comité científico avaliador. O comité avalía o interese de conservación do espazo, polas súas características dos seus ecosistemas ou a súa biodiversidade, fauna ou flora silvestres; ou do se potencial contribuíndo a restaurar hábitats. Se o proceso de avaliación finaliza de xeito positivo, os lugares de importancia comunitaria poden ser declarados polo estado membro onde se atopa como zonas especiais de conservación (ZEC), o cal significa a súa entrada na Rede Natura 2000. Desde o momento de aprobación polo comité europeo ata a declaración de ZEC polo estado membro non poden pasar máis de seis anos. Unha vez declarado ZEC, a Unión Europea realizará un seguimento continuo do cumprimento de conservación dese espazo natural.
miniatura| Esteiro do río Baxoi é un LIC da provincia da Coruña.|centro Notas
Véxase tamén
Outros artigos Rede Natura 2000 Zonas especiais de conservación en Galicia Lugares de importancia comunitaria en Galicia Ligazóns externas Red Natura 2000 en España Rede Natura 2000 en Galicia