A Capela de Santo Hipólito (neerlandés: Sint-Hippolytuskapel) é unha capela situada ao pé da canle Oude Delft, na cidade surholandesa de Delft. É un dos edificios máis antigos da cidade e desde 1967 ten a consideración de monumento nacional dos Países Baixos (Rijksmonument)."A capela de Santo Hipólito, antiga capela de Santo Hipólito " (Sint-Hippolytuskapel Voormalige Heilige Geestzusterskapel). En Architectuurgidsdelft.nl. (En neerlandés)Catalogación do edificio no Rijksmonumentenregister. (En neerlandés)
Historia A igrexa, de estilo gótico, construíuse arredor do ano 1400, no lado oeste da cidade vella de Delft, onde conflúe a súa canle principal coa rúa Nieuwstraat. Ata a Reforma, a Igrexa Vella (Oude Kerk) estivo consagrada a Santo Hipólito, patrón da cidade, e o nome da capela provén do barrio da cidade.Notas acerca da historia do edificio . Na web oficial da capela. (En neerlandés) miniatura|esquerda|"Muller cunha lapa". Escultura obra de Henk Etienne (Delft, 1895 - A Haia, 1968), situada na esquina da fachada da capela de Santo Hipólito No momento da súa fundación, era unha parte da comunidade relixiosa feminina xa existente, similar a un mosteiro, co nome de Casa das Irmás do Espírito Santo (Heilige Geestzusterhuis).
Foi construída sobre os alicerces dunha capela anterior e consagrouse en 1412. En 1536 resultou gravemente danada por un lume e foi restaurada posteriormente.
En 1572, durante a Reforma, baleirouse todo o interior da capela e retiráronse da súa torre o reloxo e a cruz. Despois de 1581 pasou a utilizarse como almacén, aínda que unha parte da capela se seguía a utilizar para os servizos relixiosos polos protestantes.
Entre 1910 e 1924 a capela tivo varias restauracións, coa conseguinte alteración do deseño da súa fachada, facendo que esta resultase máis semellante á orixinal, ademais de engadírselle un andar, co que se ampliou a súa superficie útil ao dobre. Desde 1924 e ata a construción do novo campus da Universidade de Tecnoloxía de Delft en 1966, as cerimonias de doutoramento da universidade celebrábanse nesta capela.
En 1972, a súa titularidade foi transferida á Igrexa católica que a utiliza para os seus servizos relixiosos desde o 30 de xullo dese ano.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Delft Igrexa vella de Delft
Ligazóns externas
Sitio web oficial da capela de Santo Hipólito (en neerlandés) St.-Hippolytuskapel. Texto sobre a historia da capela (en neerlandés)
Categoría:Arquitectura en Delft Categoría:Historia dos Países Baixos Categoría:Igrexas católicas dos Países Baixos Categoría:Arquitectura gótica Categoría:Rijksmonument Categoría:Capelas