A Illa King Christian é unha illa deshabitada do arquipélago ártico canadense nas Illas Sverdrup, unha parte do arquipélago das Illas da Raíña Isabel, na rexión de Qikiqtaaluk de Nunavut, Canadá. Atópase no océano Ártico, a 13´5 km da costa suroccidental da Illa de Ellef Ringnes, separados polo estreiro Danish.

O primeiro europeo que visitou a illa foi Gunnar Isachsen en 1901. Vilhjalmur Stefansson trazou a súa costa sur en 1916.

A illa ten unha superficie de 645 km², mide 38´8 km de longo e 25´7 km de largo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas King Christian Island in the Atlas of Canada - Toporama; Natural Resources Canada

Categoría:Illas e arquipélagos da costa de Norteamérica Categoría:Illas do Canadá Categoría:Illas do Océano Ártico Categoría:Illas da Raíña Isabel Categoría:Illas deshabitadas