miniatura|The Prisoner of Zenda (1894), cun "roubo de identidade" do rei. O roubo de identidade ou usurpación de identidade é a apropiación da identidade dunha persoa: facerse pasar por esa persoa, asumir a súa identidade ante outras persoas en público ou en privado, en xeral para acceder a certos recursos ou a obtención de créditos e outros beneficios en nome desa persoa.

Doutra banda, o roubo de identidade tamén é utilizado co fin de prexudicar a unha persoa, é dicir, difamala ou manchar o seu nome con diversos fins que o criminal procure.

O caso máis común hoxe en día dáse cando un atacante, por medios informáticos ou persoais, obtén a súa información persoal e utilízaa ilegalmente.

O roubo de identidade é o delito de máis rápido crecemento no mundo. Até non hai moito tempo, cando un ladrón roubaba a billeteira ou porta documentos, o diñeiro non era o único que pretendía. Co tempo, os datos dos documentos de identidade como, por exemplo, a tarxeta de crédito, a tarxeta de débito, os cheques e calquera outro documento que conteña os datos persoais volvéronse moi importantes.

No transcurso de calquera día, esta información divúlgase ao facer transaccións en persoa, por teléfono e en liña para efectuar a compra de produtos e servizos. Se esta información confidencial cae en mans dun delincuente, podería utilizarse para roubar a identidade financeira e realizar moitas das actividades en nome do titular.

Ninguén está a salvo deste delito nin pode terse a certeza de que nunca ocorrerá. O importante é coñecer os métodos existentes para reducir as probabilidades de que ocorra e as medidas a tomar no caso de que ocorra.

Co desenvolvemento das novas tecnoloxías, o roubo de identidade converteuse na modalidade delituosa que máis creceu nos últimos anos. No ano 2014 denunciáronse 117 delitos de suplantación de identidade en España.Delitos de suplantación de identidad en España el 2014 (en castelán)

Métodos utilizados Existen varios métodos para obter datos da información persoal:

correos falsos: esta técnica permite pasar a un atacante por unha organización, banco ou empresa verdadeiras para obter información que garanta acceso a algún recurso que vostede utilice nesa organización, banco ou empresa. persoal: calquera persoa maliciosa podería obter información que escoitou ou viu de parte súa que lle garanta acceso a algún recurso valioso. ataque organizado: calquera atacante podería tentar superar a seguridade dun banco, empresa ou organización para obter información persoal dos clientes para logo acceder a algún recurso desa empresa. ataque a servidores de almacenamento de información en liña: o atacante pode tratar de obter datos dun servidor de almacenamento de datos na nube; obtendo contrasinais, DNI, contas bancarias, etc. LSSI: A lexislación española LSSI, artigo 10) obriga a calquera autónomo que teña unha páxina web, ou calquera persoa con páxina web a pór o seu nome e apelidos completo, o seu DNI e a dirección do seu domicilio persoal fronte a multas que superan os 30001 euros por infracción grave. Con eses datos, é razoabelmente fácil o roubo de identidade, e dar de baixa a liña fixa, o ADSL, ou modificar aspectos do recibo da luz ou da auga ao particular ao que a lei lle obrigou a pór os seus datos en Internet.http://www.minetur.gob.es/telecomunicaciones/lssi/faqs/Paginas/Index.aspx

Véxase tamén Simulación Aparencia

Referencias

Categoría:Delitos