miniatura|Imaxe dunha estelada.

O proceso independentista catalán, en lingua catalá procés, é unha das denominacións para o conxunto de eventos vinculados ás aspiracións do pobo catalán en canto á conversión da comunidade autónoma nunha república independente.

Historia e características

Persoeiros Artur Mas: Comezou o proceso e tentou facer un referendo independentista, aínda que, só fixo finalmente unha consulta. Carles Puigdemont: Sucedeu a Artur Mas na Presidencia da Generalitat, e continou o proceso ata o 27 de outubro de 2017. Oriol Junqueras. Líder de Esquerra Republicana de Catalunya en 2017. Carme Forcadell: Foi a presidenta do Parlament e permitiu debater e aprobar a Lei de Transtoridade Xurídica e a "Lei do referendo". Jordi Sànchez Picanyol: É o presidente da ANC e convocou e dirixiu manifestacións independentistas. Jordi Cuixart: É o presidente de Òmnium Cultural e convocou e dirixiu manifestacións independentistas. Roger Torrent: É o presidente do Parlamento de Cataluña. Permitiu a tramitación de diversas moción independentistas. Quim Torra: É o presidente da Generalitat de Cataluña ao non poder ser investido Carles Puigdemont, ao non comparecer persoalmente no Parlamento de Cataluña. Alentou aos CDR a realizar manifestacións independentistas.

Organizacións Assemblea Nacional Catalana: Convocou manifestacións, apoiou publicamente ao procés e tamén axudou con temas económicos a Artur Mas. Òmnium cultural: Convocou manifestacións e apoiou publicamente ao procés. Comités de Defensa da República: Provocaron numerosas incidencias en todas partes de Cataluña.

Partidos e coalicións CUP: Fixo posible a maioría independentista que investiu a Carles Puigdemont como President de Catalunya tras as eleccións ao Parlament do 2015. Junts pel Sí: Coalición independentista que presentou como candidato a Artur Mas e investiu xunto coa CUP a Carles Puigdemont como President de Catalunya. Junts per Catalunya: Unha coalición electoral entre o PDeCat e CDC para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017.

Empresas Unipost: Tentou distrubuír cartas relacionadas co referendo do 2017.

Cronoloxía 9 de novembro de 2014: Celébrase a consulta sobre a independencia de Cataluña. 27 de setembro de 2015: Junts pel Sí gana as eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015. 10 de xaneiro de 2016: Carles Puigdemont convértese no President da Generalitat de Catalunya tras o acordo de JxSí e a CUP. 8 de setembro do 2017: O Parlament aproba a Lei de Transtoriedade Xurídica. 1 de outubro do 2017: Celébrase o Referendo Soberanista. 27 de outubro do 2017: O Parlament aproba a Declaración Unilateral de Independencia mediante voto secreto e o Goberno de España presidido por Mariano Rajoy aplica o artigo 155 disólvendose así o Parlamento de Cataluña e convocándose eleccións. 21 de decembro do 2017: Os partidos independentistas(JxCat, ERC e CUP) conseguen maioría nas eleccións ao parlamento do 2017. 17 de xaneiro do 2018: Os partidos independentistas proclaman a Roger Torrent presidente do Parlamento de Cataluña. 17 de maio do 2018: Quim Torra é proclamado presidente da Generalitat de Cataluña. 2 de xuño do 2018: O goberno de Quim Torra toma posesión e ponse fin a aplicación do artigo 155 en Cataluña. 1 de outubro do 2018: No aniversario de Referendo Soberanista os CDR provocan incidentes e intentan asediar ó Parlamento de Cataluña.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos ERC PDeCat CUP ANC Òmnium Cultural Referendo de independencia de Cataluña de 2017 Independentismo catalán

Categoría:Independentismo catalán Categoría:2017