Gaudencio Amando Melón y Ruiz de Gordejuela, nado en Zaragoza o 22 de xaneiro de 1895 e finado en Madrid o 17 de xuño de 1975, foi un xeógrafo español.
Traxectoria
Orixe Fillo de Esteban Melón del Saz e Ibarra, catedrático de Lóxica fundamental da Universidade de Zaragoza e Fidela Ruiz de Gordejuela; creceu nunha casa chea de irmáns varóns. O seu pai proviña de El Cortijo, Logroño, dunha familia descendente da pequena aristocracia local, como proban os arquivos da Real Chancillería de Valladolid. En 1925 casou con Consuelo Infante Venero, filla dun senador coa que tivo dous fillos, un deles Carlos Melón Infante, tradutor do Código Civil de Alemaña e investigador de Dereito Civil no Consello Superior de Investigacións Científicas, o outro, Fernando Melón Infante, profesor de Dereito Mercantil.
Educación e traballo Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza. Realizou as súas primeiras armas do maxisterio. En 1919 acabou os seus estudos de doutoramento, presentando a súa tese aos vinte e catro anos. En 1921 obtivo a cátedra de Xeografía política e descritiva da Universidade de Valladolid, onde ensinou ata 1948.
Coa chegada da Segunda República Española foi nomeado decano da Facultade de Filosofía e Letras, cargo que desempeñou ata 1941. Durante a década debeu facer fronte a dificultades derivadas da violencia política. En 1948 trasladouse á Universidade Central de Madrid, onde foi titular da cátedra de Xeografía Xeral e descritiva ata a súa xubilación en 1965. A partir de entón foi director do Instituto Juan Sebastián Elcano, do cal sería director honorario anos máis tarde; foi conselleiro primeiro do Consello Superior de Investigacións Científicas, secretario do Padroado Saavedra Fajardo, secretario do Departamento Internacional de Culturas Modernas e secretario do Padroado José María Cuadrado.Arroyo Ilera, Fernando. Amando Melón y Ruiz de la Gordejuela Diccionario Biográfico Español.
Foi nomeado conselleiro honorario do Consello Superior de Investigacións Científicas e participou noutras actividades científicas e profesionais: vocal da xunta directiva da Real Sociedade Xeográfica, conselleiro nacional de Educación e académico numerario da Real Academia de la Historia dende o 21 de marzo de 1958.
Foi un dos fundadores e director da revista Estudios Geográficos. A súa obra máis coñecida, Geografía histórica española, foi escrita en 1929, sete anos despois de obter a cátedra de Xeografía política e descritiva na Universidade de Valladolid.
Foi director do Instituto Juan Sebastián Elcano dende 1949 ata 1975, ano da súa morte. Do mesmo xeito foi o creador da Escola de Xeografía de España, grazas ao seu discípulo José Manuel Casas Torres.
Obra Geografía de Australia y Nueva Zelanda (1933) Geografía general o iniciación a la geografía descriptiva (1942) Los modernos nomenclátores de España, 1857-1950 (1958) Los primeros tiempos de la colonización. Cuba y las Antillas (1952) La España imperial (1992) Alejandro de Humboldt en América española (1932)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Arroyo Ilera, Fernando. Amando Melón y Ruiz de la Gordejuela Diccionario Biográfico Español.
Melón y Ruiz de Gordejuela, Amando. Magallanes o La primera vuelta al mundo. Ed. Luz, 1940 Melón y Ruiz de Gordejuela, Amando. Mil aspectos de la tierra y del espacio. Ed. Instituto Gallach, 1958
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1895 Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Finados en 1975 Categoría:Xeógrafos de España Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza Categoría:Catedráticos da Universidade de Valladolid Categoría:Profesores da Universidade de Valladolid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Historiadores de España Categoría:Académicos da Real Academia da Historia Categoría:Catedráticos da Universidade Central de Madrid