O aeroporto internacional de Belfast (IATA: BFS, ICAO: EGAA) é un aeroporto situado a 21,3 km ao noroeste da cidade de Belfast, en Irlanda do Norte. Anteriormente era coñecido como aeroporto de Aldergrove, pola proximidade coa vila de Aldergrove. Belfast-Internacional é o aeroporto máis concorrido de Irlanda do Norte e o segundo da illa de Irlanda tras o aeroporto de Dublín. En 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 5 147 546 pasaxeiros, cun incremento dun 17% con respecto ao ano anterior.

Anteriormente foi compartido coa base da Royal Air Force de Aldergrove, que pechou en 2008. O aeroporto é propiedade de ADC & HAS, a mesma compañía que ten os aeroportos de Estocolmo-Skavsta, Orlando-Sanford, Daniel Oduber Quirós, Mariscal Sucre e Juan Santamaría.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Belfast