Joan Martí i Trenchs, nado en Sant Vicenç dels Horts en 1844 e finado no mesmo lugar o 22 de novembro de 1920, foi un escritor catalán que combinou a literatura co exercicio da farmacia.

Traxectoria Fillo de John Martí Casellas, fundador da Casa Martí, e Francesca Trenchs Colom, casou con María Pastora Baltà Tristany, mestra de Sant Vicenç dels Horts. Fixo o bacharelato en Barcelona no ano 1868, graduouse en filosofía e letras en 1874 e en farmacia en 1879. Abriu unha botica de farmacia en Sant Vicenç dels Horts no ano 1877 que funcionou ata o ano 1920.

Comezou con artigos de carácter humorístico e popular no diario católico Lo burinot no ano 1879, que lle publicou o seu primeiro artigo chamado "Los esquilats". Tamén colaborou con outras edicións católicas e carlistas, como o semanario Lo crit d'Espanya e Lo crit de la pàtria, cos pseudónimos do "Apagallums del Llobregat", '"Apagallums rovellat" e '"Apagallums de Sant Vicens". Nestes artigos fai unha crítica do movemento da Ilustración, xa que el era un seguidor do carlismo.

miniatura|Poesies gallègues, 1917. Desde o ano 1886 ata 1916, publicou once obras literarias de tema humorístico e festivo como La boyra (1886) ou Lo pot petit (1901), de crítica aos inimigos do carlismo como Lo lliberalisme es la ruina moral y material d'Espanya (1891), ou tamén de carácter pedagóxico como Fruyta tarada, errades catalanes molt usuals i regles ortográfiques (1916). Tamén foi tradutor ao catalán dalgúns poemas de Rosalía de Castro.

No aspecto político, foi delegado da Unió Catalanista os anos 1901 e 1904.

Obras destacadas

La boyra: manadet de cent cinquanta epigramas, uns quants epitafis tots de personas de carrera algunas composicions epigramáticas. Barcelona: Impr. de Juan Puigmaciá, 1886. La tabola : un sach de riallas : capasas de fer esqueixar, y fins reventar y morir de riure als lectors. Barcelona: Propaganda Catalana, 1890. Lo lliberalisme es la ruina moral y material d'Espanya. Barcelona: Estampa La Ilustración, 1891. Lo pot petit o llibre dels perquès. Barcelona: Tipografia Gutenberg, 1901. Dejuni i abstinència : qüestió sèria però tractada bastant humorísticament. Barcelona: Imprempta de R. Vives, 1913. Fruyta tarada, errades catalanes molt usuals i regles ortogràfiques: precedits de records de la meva joventut. Barcelona: Badia, 1916.

Traducións

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Tradutores ao catalán Categoría:Tradutores do galego Categoría:Farmacéuticos de España Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Poetas de Cataluña Categoría:Nados en 1844 Categoría:Nados en Sant Vicenç dels Horts Categoría:Finados en 1920 Categoría:Poetas en lingua catalá