A Sinfonía núm. 3, Op. 36, tamén coñecida como Sinfonía das cancións doentes, Sinfonía das cancións tristes ou Sinfonía das lamentacións (en polaco, Symfonia pieśni żałosnych), é unha sinfonía en tres movementos composta polo compositor Henryk Górecki en Katowice (Polonia), entre outubro e decembro de 1976. Esta obra é representativa da transición do compositor entre o seu estilo disonante temperán e o outro máis tonal posterior. Foi estreada o 4 de abril do ano seguinte pola SWR Sinfonieorchester Baden-Baden und Freiburg e a soprano Stefania Woytowicz baixo a batuta de Ernest Bour no Festival de Royan.

A sinfonía está escrita para orquestra e soprano. Esta canta un texto polonés distinto en cada un dos tres movementos: no primeiro, un lamento atribuído á Virxe María escrito no século XV; no segundo, unha mensaxe escrita na parede dunha cárcere da Gestapo durante a segunda guerra mundial; no terceiro, unha canción folclórica sobre unha nai que busca ao seu fillo, asasinado durante a insurrección silesiana de 1919. O primeiro e o terceiro movementos están escritos dende a perspectiva dos pais que perden un fillo, e o segundo movemento dende a do fillo que é separado dos seus pais. O tema central da sinfonía é, polo tanto, o da maternidade e a separación dos seres queridos por culpa da guerra.

Ata 1992, Górecki só era coñecido entre entendidos, unicamente como un dos moitos compositores do chamado «Renacemento musical polonés» da posguerra. Finalmente, ese ano, a compañía Elektra Records lanzou unha gravación titulada Symphony No. 3 (15 anos despois da súa composición) que situouse entre as máis vendidas nas listas de música clásica de Gran Bretaña e os Estados Unidos. Dende aquela vendéronse máis dun millón de copias, o que lle supuxo a obtención dun disco de ouro en Gran Bretaña o 1 de febreiro do ano seguinte, superando con creces as vendas estimadas de toda unha vida dunha gravación típica dun compositor do século XX. Este éxito, con todo, non logrou atraer a atención do público cara ao resto da produción de Górecki.

Historia miniatura|esquerda|200px|Pierre Boulez, con quen Górecki se relacionou durante a década de 1960. A pesar do ambiente político contrario á arte moderna (denunciada como «formalista» polas autoridades comunistas), a música polonesa da posguerra gozou dun nivel de liberdade sen precedentes, en especial logo do establecemento do «Festival de Outono de Varsovia» en 1956. Górecki obtivera recoñecemento entre os compositores vangardistas polas súas obras experimentais, disonantes e seriais da primeira parte da súa carreira; tamén fíxose coñecido na escena internacional grazas a obras modernistas como Scontri, que foi un éxito no festival de 1960, ou a súa Sinfonía núm. 1, que gañou un premio na Bienal Xuvenil de París de 1961. Ao longo da década de 1960, Górecki continuou relacionándose con outros compositores experimentais da época, como Pierre Boulez ou Karlheinz Stockhausen.

Na década de 1970, en cambio, Górecki comezou a distanciarse do serialismo e das disonancias extremas da súa primeira época. Así, tanto a Terceira Sinfonía, como as pezas corais Euntes ibant et flebant (Op. 32, 1972) e Amen (Op. 35, 1975), supoñen un rexeitamento de tales técnicas experimentais. A ausencia de variación harmónica na Sinfonía núm. 3, así como a súa insistencia na utilización de repeticións marca un paso na traxectoria de Górecki cara ao minimalismo e as texturas simples que caracterizan a súa obra posterior. Dada a natureza relixiosa de boa parte das súas obras desta etapa, moitos críticos e musicólogos sitúano ao carón doutros compositores contemporáneos que exploran igualmente con estruturas e texturas sinxelas, coa tonalidade e a melodía, e que tamén adoptan temáticas relixiosas, tales como Arvo Pärt ou John Tavener; con todo, ningún dos autores cualificados baixo esta etiqueta de «minimalismo relixioso» ou «minimalismo sacro» admite ter recibido influenzas comúns cos demais.

Composición miniatura|250px|Os Montes Tatras, preto da prisión nazi de Zakopane, de onde o compositor tomou unha frase escrita nunha das celas para a composición da súa sinfonía. En 1973, Górecki recorreu ao folclorista polonés Adolf Dygacz na procura de melodías que puidera incorporar á súa nova obra. Dygacz presentoulle catro cancións gravadas na rexión de Silesia, unha das cales impresionou ao compositor. Tratábase dunha melodía titulada Kajze mi sie podzioł mój synocek miły (A onde foi o meu querido fillo), que describía a dor dunha nai polo seu fillo, caído durante a guerra, probablemente durante as rebelións de 1919–1921. Górecki oíra unha versión desta canción nos anos 1960 e non lle prestara especial atención, mais a letra e a melodía do novo arranxo recollido por Dygacz cativárono profundamente. Máis tarde afirmou:

Ese mesmo ano, Górecki oíu falar dunha inscrición garabateada na parede dunha prisión da Gestapo en Zakopane, situada aos pés dos Montes Tatras, ao sur de Polonia. As palabras pertencían á adolescente de dezaoito anos Helena Wanda Błażusiakówna, encarcerada o 25 de setembro de 1944. A inscrición dicía: «O Mamo nie płacz nie—Niebios Przeczysta Królowo Ty zawsze wspieraj mnie» («Oh nai, non chores - Inmaculada Raíña Celestial, socórreme sempre»). O compositor lembrábaa así:

Máis tarde explica:

Górecki tiña xa que logo dous textos: un dunha nai cara ao seu fillo, e outro dunha filla cara á súa nai. Logo de procurar textos para continuar con este tema, decidiuse por unha canción popular do século XV da cidade de Opole. O seu texto contiña unha pasaxe na que a Virxe María fala con Xesús no momento da crucifixión: «Oh, meu fillo, o Amado e Elixido, comparte as túas feridas coa túa nai...» («Synku miły i wybrany, Rozdziel z matką swoje rany...»). Górecki afirmou que:

Con todo, Górecki finalmente desbotou este formato, porque cría que esa estrutura faría que a sinfonía fora «sobre a guerra». Górecki quería transcender máis aló do específico, polo que estruturou a súa obra como tres lamentos independentes.

Descrición A Sinfonía núm. 3 constrúese arredor de harmonías simples, nun estilo neo-modal que emprega técnicas da música medieval pero que non se adhire por completo ás normas de composición medievais. Unha interpretación habitual dura arredor de 54 minutos. Ronald Blum, pola súa banda, describe a sinfonía como «lúgubre, como Gustav Mahler, mais sen a ampulosidade da percusión, as trompas e o coro, só o lamento das cordas e da soprano solista».Blum, Ronald. "El impacto de la sinfonía núm. 3 de Górecki". Chicago Sun-Times, 26 de xuño de 1994. A obra consiste en tres movementos en ton de elexía, todos eles marcados como Lento. As cordas dominan a textura musical e o volume raramente elévase: a marca de fortissimo só aparece nuns poucos compases.

O musicólogo Adrian Thomas apuntou que a sinfonía carece de disonancias, e que non require de ningún virtuosismo técnico. Ademais, observa que «non hai referencias estilísticas de segunda man, aínda que si tiveramos que buscar precedentes habería que atopalos, de xeito distante, en compositores tan variados como Johann Sebastian Bach, Franz Schubert, Tchaikovski, ou mesmo Claude Debussy».

Instrumentación A sinfonía núm. 3 de Górecki está escrita para soprano e unha orquestra consistente en:

Instrumentación de Poruchik Kizhe |- | bgcolor="#FFECB2"|Madeiras 4 frautas (dúas dobran con piccolo), 4 clarinetes en si♭, 2 fagots, 2 contrafagots.Metais |- | | 4 trompas en fa, 4 trombóns, tuba. |- | bgcolor="#FFECB2"|Percusión Bombo, caixa, ferriños, pratos, pandeireta, axóuxeres e celesta.Cordas |- | | 16 Violíns I, 16 violíns II, 12 violas, 12 violonchelos, 8 contrabaixos, arpa |- | bgcolor="#FFECB2"|Teclado Piano

Para a maior parte da partitura, a sección de cordas (cuxo número de efectivos está indicada polo compositor) está dividida en dúas partes, cada unha escrita nun pentagrama separado. Polo tanto a parte das cordas está escrita principalmente en dez partes diferentes, en dez pentagramas separados. Nalgunhas seccións algunhas destas partes están divididas aínda en máis partes separadas, que están escritas no mesmo pentagrama, de xeito que se empregan dez pentagramas para un maior número de partes.

Extraordinariamente, a partitura omite óboes, cornos ingleses, clarinetes baixos, e trompetas. Os fagots, contrafagots, e trombóns tocan só no primeiro movemento, e só nuns poucos compases (fagots e contrafagots: 339–342 e 362–369; trombóns: 343–348 e 367–369).

Movementos Lento - Sostenuto tranquillo ma cantabile miniatura|250px|Unha rúa de Katowice, localidade onde foi composta a sinfonía.

Cunha duración aproximada de vinte e sete minutos, o primeiro movemento dura tanto coma os outros dous movementos xuntos, e baséase no lamento atribuído á Virxe María escrito no século XV, recollido na colección de cancións de Łysa Góra, que se encontra no Mosteiro da Santa Cruz, Serra de Świętokrzyskie.

Está formado por tres seccións: iníciase cun canon en dez partes, empregando unha melodía de vinte e catro compases no modo eolio de mi. Comeza cos contrabaixos, aos que se agrega un novo instrumento cada vinte e cinco compases, unha quinta por riba do anterior. Cando o canon alcanza as súas dez repeticións, comeza a descender ata reducirse a un único ton. A soprano entra na segunda sección e o seu canto culmina co clímax na última palabra, momento no que se lle une a orquestra repetindo o clímax do canon inicial. A terceira sección do movemento é unha longa conclusión que tamén descende ata un único ton.

Lento e largo - Tranquillissimo O segundo movemento, de nove minutos de duración, está escrito para soprano, clarinetes, trompas, piano e cordas, e contén un libreto formado a partir da oración á Virxe María escrita por Helena Wanda Blazusiakówna na parede da súa cela.

Segundo o compositor, «quería que o segundo movemento tivera un carácter montañoso, non no sentido do folclore puro, máis si que recollera o clima de Podhale... Quería que o monólogo da rapaza parecera como canturreado... por unha banda case irreal, mais por outra dominando á orquestra». O movemento ábrese cunha pedal en quintas, la–mi, e un fragmento melódico, mi–sol♯–fa♯, que alterna con caídas repentinas ao acorde si♭–re♭. Thomas describe o efecto como «case cinemático... suxerindo o aire libre das montañas». A medida que a soprano comeza cantar, as súas palabras son acompañadas pola orquestra, ata acadar o clímax en la♭. O movemento conclúe cun longo acorde das cordas que dura máis de dous minutos sen decrescendo. As dúas últimas palabras do movemento son as dúas primeiras liñas do Ave María polonés, cantadas pola soprano dúas veces no mesmo ton.

Lento - Cantabile semplice O ‘'tempo’’ do terceiro movemento non é tan lento coma o dos dous anteriores, e certos cambios leves na dinámica e no modo fan que sexa máis complexo do que podería parecer a primeira vista. Está formado por tres estrofas en la menor e, do mesmo xeito que o primeiro movemento, constrúese mediante a evolución dun motivo sinxelo. A melodía establécese na estrofa inicial, e a segunda e terceira estrofas revisitan os mesmos temas do segundo movemento. Cando a soprano canta as últimas palabras, a tonalidade cambia a un la maior diatónico que acompaña á que o escritor David Ellis denominou "a estrofa extática final":

Logo desta estrofa a orquestra volve a la menor antes dun postludio final en la maior. En palabras do propio Górecki:

Interpretación miniatura|200px|dereita|Jean Fouquet, María co Neno, contra 1450.