Osberht, finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.

Traxectoria As fontes históricas sobre este período de Northumbria son moi limitadas, así que as datas do seu reinado e escendencia son cuestionábeis.

Crónicas Osberht converteuse en rei despois de que Aethelred II, fillo d'Eanred, fose asasinado. A data exacta da morte de Aethelred non é segura, pero é xeralmente aceptado como o 848. Porén, o cronista Simeón de Durham menciona que "Aethelred, fillo de Eanred, reinou nove anos. Cando foi asasinado, Osbryht asumiu o trono por trece anos", e aclara que o 854 foi "o quinto ano, baixo o reinado de Osberht, o sucesor de Aethelred, a quen deran morte".

Pouco se sabe do seu reinado. Simeón declara que "Osberht se atreveu a se enfrontar á igrexa e tomar terras de Wercewurde e Tillemuthe". A obra data a ocupación destas terras durante o ano antes da morte de Osberht. Osberht foi deposto por Aelle, a quen algunhas fontes identifican como o seu irmán.

O grande exército pagán desembarcou en Northumbria no verán de 866, ocupando York o día 21 de novembro.Crònica anglosaxona sub anno 867. Fontes históricas como Simeón de Durham, a Crónica, anglo-saxoa, Asser e Æthelweard dan versións destes acontecementos. Simeón, na súa obra , conta a historia da batalla, o 21 de marzo 867, na que Osberht e Aelle, temporalmente aliados, atoparon a morte a mans dos viquingos: miniatura|220x220px|Moeda do rei Osberht, feita cunha aliaxe de cobre.

O rei Osbehrt pode ter sido enterrado na Thornhill, Yorkshire. Un raro grupo de lápidas dauqla era, unha delas levando o seu nome, foi descuberto en tempos vitorianos no cemiterio da igrexa vella de San Miguel e Todos os Anxos da dita vila, onde aínda están accesíbeis ao público.

Tras a vitoria, os viquingos impuxeron a Ecgberht, rei monicreque, para gobernar Northumbria.

Sagas A saga Ragnarssona þáttr (A historia dos fillos de Ragnar) engade bastantes máis detalles para a conquista do York. Esta xesta está asociada coa figura lendaria de Ragnar Lodbrok e os seus fillos, Hvitserk, Björn Ironside, Sigurd Serpe-no-Ollo, Ivar o Desosado, e Ubbe. De acordo con estas historias, Ragnar foi capturado e morto por Aella, un feito que levou á invasión de York 866 por un exército liderado polos fillos de Ragnar, que vingaron a súa morte sometendo a Aelle ao ritual da aguia de sangue.

As fontes documentais inglesas, porén, contan que Aelle e Osberht foron mortos en batalla. A Crónica anglo-saxoa declara que "os dous reis morreron alí". A principal figura na suposta vinganza filial recae en Ivar, que ás veces é asociado co líder Ímar, irmán de Amlaíb Conung.Crónica anglosaxoa, s.a. 867.

A Crónica anglosaxoa non fai referencia ao xefes viquingos en Northumbria, pero afirma que "Hingwar e Hubba" deron morte ao rei Eadmund (San Edmund), de Anglia Oriental, algúns anos máis tarde.Crónica anglosaxoa, s.a. 870. Hubba (Ubbe Ragnarson) é citado por Abbo de Fleury e na obra . Pola súa parte, Simeón de Durham lista os seguintes líderes dos viquingos: "Halfdene, Inguar (Ivar o Desosado), e Hubba (Ubbe), Beicsecg, Guthrun (Guthrum o Vello), Oscytell, Amund, Sidroc e outro duque de mesmo nome, Osbern, Frana, e Harold".

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993.

Outros artigos Jórvik.

Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados en 867