O aeroporto de Höga Kusten (IATA:KRF, ICAO: ESNK), coñecido tamén como aeroporto de Kramfors/Sollefteå, é un aeroporto sueco situado entre as cidades de Kramfors e Sollefteå, no leste do país.

Historia O aeroporto inaugurouse en 1974 e ten liña directa con Estocolmo dende 1984. Antes de conseguir esta ruta, dende o aeroporto podíanse realizar voos a Sundsvall, e posteriormente abriuse tamén unha ruta cara Umeå. Ata o ano 1997 o aeroporto estivo xestionado polo municipio de Kramfors, apoiado polo de Sollefteå, pero ese ano os dous concellos fundaron unha compañía que a día de hoxe teñen o 50% do aeroporto.

Os pasaxeiros do aeroporto desecenderon dende os 63 000ata os 15 000 entre os anos 2000 e 2008. Gran parte desta perda debeuse á competencia en prezo dos aeroportos de Sundsvall-Härnösand (a 80 km de Kramfors e 110 km de Sollefteå) e de Örnsköldsvik (a 110 km de Kramfors e 120 km de Sollefteå), pero tamén debido á mellora das conexións por estrada e tren con Estocolmo.

A finais de 2006 a aeroliña Nordic Regional comezou a operar en Kramfors e iniciou voos con reactores con avións MD-87 na ruta Gällivare-Kramfors-Arlanda, facendo que as cifras de pasaxeiros aumentaran lixeiramente. Despois da tempada de verán, Nordic Regional non puido continuar a liña debido a problemas económicos. O aeroporto estivo entón sen tráfico durante varios meses, ata que en outubro de 2008 Nextjet comezou a voar a Arlanda.

No ano 2012 o aeroporto recibiu o seu nome actual, Höga Kusten ("costa alta" en sueco), cando se abriu ao trafico a estación de ferrocarril ao lado do aeroporto.

Aeroliñas e destinos

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Notas

Kramfors