José Toba Fernández, nado en Muxía o 8 de setembro de 1904 e finado na Coruña o 5 de setembro de 1963,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 7-9-1963, p. 14. foi un mestre e pedagogo galego.

Traxectoria Obtivo o título de mestre en 1925. Foi mestre interino en Merexo e despois titular de Sillobre. Foi mestre da escola de Callosa d'en Sarrià (Alacant) e en xuño de 1934 conseguiu a praza de profesor da Escola de prácticas anexa á Escola Normal de Santiago de Compostela. O 21 de xaneiro de 1935 foi nomeado profesor de Pedagoxía na Normal. Publicou en 1927 unha colaboración na revista Alborada de Buenos Aires e en 1935 o ensaio Problemas que nos plantea la escuela y el niño de Galicia.Encarte publicado no interior do número 8 do Boletín de Vanguardia Pedagógica Militante galeguista, co triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu depuración e foi sancionado coa separación definitiva en 1937. Reingresou no Maxisterio en 1949 e foi director do Grupo Escolar Concepción Arenal da Coruña. Tamén foi armador do pesqueiro Aguete.La Voz de Galicia, 8-9-1963, p. 19. Finou na Coruña con 58 anos.

Vida persoal Casou con Sofía Pérez Sobral.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Muxía Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes