Eanmund foi un caudillo viquingo, príncipe dos suións (suecos) da dinastía dos Ynglings na Era de Vendel (século VI). A diferenza dos seus parentes do clan familiar, só aparece mencionado no poema épico Beowulf. Eanmund era fillo do rei Ohthere e irmán de Eadgils, de Svealand, Suecia(suna Ohteres) Beowulf verso 2613..

Etimoloxía O nome procede do protonórdico *Aiwamunduz (nórdico antigo oriental Ēmund) ou Āmunduz (Āmund).

Vida Á morte de Ohthere, o seu irmán máis novo Onela usurpa a coroa sueca, polo que Eanmund e Eadgils escapan e buscan refuxio entre os gautas. Isto provoca que Onela ataque Götaland pois tamén existía unha débeda de sangue (Hygelac, o pai do rei Heardred matara a Ongentheow, pai de Onela). No campo de batalla, Eanmund e Heardred morren loitando contra o campión Weohstan. Eadgils, sobrevive e busca a axuda de Beowulf para vingar a morte do seu irmán e do rei, feito que tamén aparece noutras fontes escandinavas.

No relato, Weohstan tomou a espada do defunto Eanmund e cedeuna en herdanza ao seu fillo Wiglaf quen a usaría para loitar contra o dragón xunto a Beowulf.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Nerman, B. Det svenska rikets uppkomst. Stockholm, 1925.

Ligazóns externas Beowulf Old English edition ed. James Albert Harrison e Robert Sharp Beowulf Modern English translation por Francis Barton Gummere Beowulf Modern English translation por John Lesslie Hall

Categoría:Beowulf