Artal de Foces II foi un cabaleiro aragonés, que era señor de Foces, liñaxe nobre de Aragón oriúnda da localidade de Foces de Ibieca e que xa figura documentada no século XI,Apelido Foces en Libro de armoría, myheritage .

Traxectoria miniatura|150px|Sibila de Fortià, esposa de Artal de Foces. En 1371 casou en segundas nupcias coa nobre empordanesa Sibila de Fortià. Artal foi conselleiro de Leonor de Sicilia, a terceira esposa do rei Pedro IV de Aragón, e foi armado cabaleiro polo rei en recoñecemento aos seus servizos; foi así como a xove e bela Sibila entrou no contorno real, pasando desde a súa escuridade provincial á Corte do reino. Aos poucos anos a raíña Leonor e Artal faleceron, e ambos os viúvos, Pedro e Sibila, fixéronse amantes e, finalmente, casaron en 1377..

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Silleras-Fernández, Núria (2010): "Money isn't everithing: Concubinate, Class, and the Rise and Fall of Sibil·la de Fortià, Queen of Aragon", en: Thresa Earenfigth (edit.) Women and Wealth in Late Medievan Europe. Nova York, NY, USA: Palgrave Macmillan. ISBN 978-1-3495-3987-1, pp. 67–68.

Outros artigos Sibila de Fortià

Ligazóns externas Ibieca y los Foces (II) . Aragoneses en Mallorca bajomedieval . Armas heráldicas dos Foces GEA; Linaje de Foces

Categoría:Nobres de España