A lingua shuar é unha lingua xíbara falada polo pobo shuar, que habita en Ecuador. Fálase na zona suroriental de Ecuador, onde se asentan comunidades indíxenas shuar e está estreitamente relacionado co huambisa do Perú. Aínda que o grupo étnico shuar supera os 80 000 membros, só uns 35 000 seguen usando a lingua, e é en Ecuador onde habita a gran maioría do pobo indíxena. O shuar está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Adelaar, Willem F.H. with Pieter C. Muysken. (2004) The languages of the Andes (especialmente la sección 4.4 "The Jivaroan languages", pp. 432–437). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-36275-7. Turner, Glen D. (1958): "Alternative phonemicizing in Jivaro", en International Journal of American Linguistics 24, 2, pp. 87–94.
Categoría:Linguas xíbaras Categoría:Linguas de Ecuador