Ecgberht, finado en 873, foi rei de Northumbria a mediados do século IX. Traxectoria A información sobre este período da historia de Northumbria é escasa e sabemos moi pouco de Ecgberht.
Aparece por primeira vez tras as mortes de Ælla e Osberht en batalla contra os viquingos do grande exército pagán en York o 21 de marzo de 867. Simeón de Durham rexistra:Case todos os northumbrianos foron postos en fuga e destruídos, os dous reis mortos; os sobreviventes fixeron paces cos pagáns. Despois destes acontecementos, os pagáns nomearon a Ecgberht rei baixo o seu propio dominio; Ecgberht reinou seis anos, sobre os northumbrianos alén do TyneSimeón de Durham, p. 489.Os historiadores supoñen que Ecgberht gobernou como recadador de impostos para o Grande exército e que pertencía a unha das moitas familias reais de Northumbria.Kirby, pp. 212–213; Higham, p.179.
A seguinte información sobre Ecgberht é de 872: Os northumbrianos expulsaron ao seu rei Ecgberht, e o seu arcebispo WulfhereSimeón de Durham, p. 492..Finalmente, a morte de Ecgberht repórtase en 873, e cítase que o sucedeu Ricsige.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993.
Categoría:Finados en 873 Categoría:Reis de Northumbria